Lancha de lata
É este un brinquedo moi utilizado en zonas da nosa ampla costa, dende a ría de Ribadeo ata a desembocadura do río Miño, na Guarda. As formas e os xeitos de accionala poden variar, dependendo do lugar xeográfico.
ASÍ SE FAI
MATERIAL: Unha lata das do aceite, unha pedra do tamaño dunha pataca mediana ou area, tesoiras de lata, martelo, alicate. Se a queremos pintar debemos ter pintura de dúas cores. Un lapis e pincel.
TEMPO: 2 horas.
ESTACIÓN: Calquera época do ano, preferentemente primavera ou verán.
Debemos comezar por cortar a lata. Temos que cortarlle a parte de arriba, aquela por onde se atopa o buratiño para botar o aceite, e logo a parte oposta de abaixo. Despois cortamos lonxitudinalmente polo lugar onde ten unha especie de soldadura. Quédanos agora unha chapa de lata rectangular, que debemos dobrar agora pola metade. Segundo o tamaño da lancha que queiramos construír, marcamos por ambos laterais da lata unha figura trapezoidal que nos lembra á dunha lancha. A inclinación da proa é maior que a da popa. Recortamos coas tesoiras pola devanditas marcas dos dous lados. Observamos pois, que nos quedan dous trapecios unidos por un dos lados, que sería a futura quilla da lancha.
Dobramos cara fóra os dous bordes da parte de arriba do trapecio. Esta dobrez debe ser de 0,5 mm e dámoslle dúas, coa finalidade de non cortármonos e que quede máis fermosa a embarcación. Machucamos ben estas dobreces co martelo, para que non se desfagan. Facemos o mesmo coa proa e coa popa, pero enganchando á vez as dúas beiras da lata para que así nos quede selada a barquiña. Abrimos a lata e imos dándolle a forma de barco, pegándolle golpes co martelo polos laterais interiores.
A esta lancha pódenlle quedar vías de auga, entón teriamos que selalas ben. Este proceso, tradicionalmente, facíase con chapapote, pero como non o imos conseguir, podemos empregar pintura. Botámola na auga para tratar de lastrala cunha pedra máis grande ou pequena, en función de que navegue a máis ou menos profundidade ou calado. Se a quixésemos facer máis bonita, podemos pintala. Unha cor marrón para a obra viva ou carena, é dicir, aquela parte que vai baixo a auga somerxida, e outra branca, vermella ou verde, para a obra morta, ou sexa, aqueloutra que vai ao descuberto cando navega. Pintamos a parte externa do barco da cor que elixamos para a obra morta. Agardamos a que seque a pintura.
Collemos un taco de madeira da mesma altura que a que queiramos que nos quede a liña de flotación do barco. Poñemos o barco na súa posición natural sobre unha superficie plana. Sobre o taco de madeira poñemos un lapis. Ímolo deslizando sobre a superficie plana ao tempo que marcamos no casco do barco. Queda así marcada a liña de flotación. Para que fique ben, poñemos por riba desta liña unha cinta de carroceiro. Pegada á cinta, dámoslle co pincel por riba coa mesma cor anterior, agardamos a que seque e despois pintamos coa cor elixida para a obra viva. Quitamos a cinta e xa está preparado o barco para navegar. Para xogar con el, podemos utilizar unha vara ou unha canaveira empurrado desde a beira da auga. Podíase facer competicións ou, simplemente, ver e divertirse coa que mellor navegaba.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo