publicidade hoxe

Como producir de xeito ecolóxico (II)

A fertilización é a reposición dos nutrintes que as plantas extraen do solo, e que nos colectamos en forma de froitas, follas, plantas, etc. Con elo en moitas ocasións reducimos a posibilidade de que volten eses nutrintes ó solo, polo que sin o enriquecimento posterior, iriase empobrecendo rápidamente.

A fertilización orgánica basease na reposición progresiva dos nutrintes, non sendo tan importante a cantidade coma a liberación en armonía cas necesidades das plantas.

Por outra banda a fertilización orgánica inflúe na mellora das condicións do solo, no contido de sustancias fisiolóxicamente activas como hormonas, vitaminas e antibióticos e o mantemento da poboación microbiana. E moi importante facer aportacións frecuentes de materia orgánica en dosis máis limitadas,  que aportacións maiores en intervalos máis amplos.

Entre os productos ou tipo de abonos autorizados e que podemos empregar para realizar dita fertilización orgánica podemos momear os seguintes:

gusanos-nutrientes-ecologicoAbonos de tipo orgánico, segundo o Regulamento (CE) 889/2008.

- Esterco

- Esterco desecado e Esterco de galiña deshidratado.

- Humus de excrementos sólidos de animáis incluídos a galiña e Esterco composta do.

 - Excrementos líquidos de animáis ( Esterco semiliquido, ouriños, etc.)

 

A normativa permitenos empregar o esterco e o xurro de gando convencional só se procede de gandeirías extensivas.

  • -Residuos domésticos compostados ou fermentados.
  • -Turba.
  • -Arxilas( perlita, vermiculita, etc.).
  • - Humus procedente de cultivos de cogomelos.
  • -Guano (excrementos de aves mariñas).
  • -Humus de lombrigas.
  • -Mesturas de materias vexetais compostadas ou fermentadas.
  • -Produtos ou subproductos de orixe animal. (fariñas de peixe, ósos ou plumas, fariñas de sangue, po de cornos, etc.).
  • -Produtos e subprodutos orgánicos de orixe vexetal (fariña de tortas oleaxinosas, casca de cacao, etc. ).
  • -Algas e produtos de algas.
  • -Serraduras e labras de madeira.
  • -Cinzas de madeira.
  • -Viñaza.

Abonos de orixe mineral segundo o Regulamento (CE) Nº 889/2008.

Entre os produtos de orixe mineral están permitidas todas aquelas rochas en bruto que non sufrisen ataques químicos para aumentar a sua solubilidade. Podemos citar:

-       Fosfato natural brando.
-       Fosfato aluminocálcico.
-       Escorias Thomas.
-       Sal potásico.
-       Sulfato de potasio.
-       Carbonato de calcio de orixe natural.
-       Sulfato de magnesio.
-       Sulfato de calcio (xeso).
-       Cal industrial procedente da producción de xofre.
-       Cal industrial procedente da producción de sal o baleiro.
-       Xofre elemental.
-       Oligoelementos.
-       Cloruro de sodio.
-       Po de rocha e arxila.

alguns_abonos_orgnanicos

A modo de resumen podemos dicir que a fertilización ten dúas funcións primordiais:

  • - Favorecer a vida dos microorganismos do solo.
  • - Repoñer no solo aqueles elementos que están esgotados de xeito que poidan ser utilizados polas plantas.

 

 

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 20 de Setembro do 2013 | 1:51 p.m.