publicidade hoxe

Abonado II

FUNCIÓNS DOS DISTINTOS NUTRINTES NAS PLANTAS

MACRONUTRINTES: Elementos primarios (N, P y K) e secundarios (Ca, Mg y S).

Os macronutrintes son elementos necesarios en cantidades relativamente abundantes para asegurar o crecemento e supervivencia das plantas. A presenza dunha cantidade suficiente de elementos nutritivos no solo, non garantiza por sí mesma a axeitada nutrición das plantas pois estes elementos teñen que atoparse en formas moleculares que permitan a súa asimilación pola vexetación. Podemos decir entón que debe xuntarse unha cantidade suficiente e unha axeitada disponibilidade.

Dentro dos macronutrintes podemos distinguir entre elementos primarios (N, P y K) e elementos secundarios (Ca, Mg y S).
Os primarios son os que deben estar presentes en cantidades máis importantes no solo ou sustrato no que cultivamos plantas, xa que as funcións que realizan ou procesos nos que interveñen son básicos, vitais para o vexetal.

nutrientes_12

Os secundarios ainda que a sua necesidade en canto a cantidade, é menor, teñen un importante papel no funcionamento  dunha planta xa que tamén interveñen en procesos vitais e a veces axudan ou inflúen na absorción doutros elementos.

 nutriente-21

O manexo dos  nutrintes ( macro ou micronutrintes) permite conquerir  efectos distintos nas plantas dependendo do seu obxectivo. Así podemos lograr que unha planta medre máis , sexa máis verde , logre maior floración ou mellores froitos, ou forme máis raíces e prenda millor,  por exemplo.

abono_ii_22052013Cando máis completa e equilibrada sexa a nutrición da planta, coma calquer  ser vivo, mellor vai a ser o seu crecemento e funcionamento. As plantas que empregamos para ornamentación realizarán mellor a sua función (mais flores e mais vistosas, mais crecemento e mellor sombra, etc. ). As  que empregamos como base da alimentación de outros seres vivos, incluíndo ó ser humano, si están ben nutridas    suporán unha mellor alimentación de animáis e persoas.  

Aquí poderiamos empregar o razoamento  de que as plantas “son o que comen”  e nos “somos o que comen as plantas”.

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 22 de Maio do 2013 | 7:26 p.m.