O Tempo en Galicia

Predición para martes 10 de xaneiro de 2023

O martes Galicia continuará na influencia das baixas presións coa chegada dunha fronte á noite. Así, predominarán as nubes baixas durante toda a xornada, con orballos na metade oeste e apertura de tímidos claros no norte e leste da Comunidade. E pola noite chegará a fronte que deixará chuvias de oeste a leste. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, quedando unha xornada de moi pouca oscilación térmica. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral das provincias da Coruña e Lugo e quedará do noroeste despois do paso da fronte.

A Coruña
11°
15°
Ferrol
12°
16°
Lugo
13°
Ourense
15°
Pontevedra
10°
16°
Santiago de Compostela
13°
Vigo
11°
16°

Tendencia temperaturas máximas
Tendencia temperaturas mínimas
Meteo Galicia