Como producir de xeito ecolóxico (II)
A fertilización é a reposición dos nutrintes que as plantas extraen do solo, e que nos colectamos en forma de froitas, follas, plantas, etc. Con elo en moitas ocasións reducimos a posibilidade de que volten eses nutrintes ó solo, polo que sin o enriquecimento posterior, iriase empobrecendo rápidamente.A fertilización orgánica basease na reposición progresiva dos nutrintes, non sendo tan importante a cantidade coma a liberación en armonía cas necesidades das plantas.
Por outra banda a fertilización orgánica inflúe na mellora das condicións do solo, no contido de sustancias fisiolóxicamente activas como hormonas, vitaminas e antibióticos e o mantemento da poboación microbiana. E moi importante facer aportacións frecuentes de materia orgánica en dosis máis limitadas, que aportacións maiores en intervalos máis amplos.
Entre os productos ou tipo de abonos autorizados e que podemos empregar para realizar dita fertilización orgánica podemos momear os seguintes:
Abonos de tipo orgánico, segundo o Regulamento (CE) 889/2008.
– Esterco
– Esterco desecado e Esterco de galiña deshidratado.
– Humus de excrementos sólidos de animáis incluídos a galiña e Esterco composta do.
– Excrementos líquidos de animáis ( Esterco semiliquido, ouriños, etc.)
A normativa permitenos empregar o esterco e o xurro de gando convencional só se procede de gandeirías extensivas.
- -Residuos domésticos compostados ou fermentados.
- -Turba.
- -Arxilas( perlita, vermiculita, etc.).
- – Humus procedente de cultivos de cogomelos.
- -Guano (excrementos de aves mariñas).
- -Humus de lombrigas.
- -Mesturas de materias vexetais compostadas ou fermentadas.
- -Produtos ou subproductos de orixe animal. (fariñas de peixe, ósos ou plumas, fariñas de sangue, po de cornos, etc.).
- -Produtos e subprodutos orgánicos de orixe vexetal (fariña de tortas oleaxinosas, casca de cacao, etc. ).
- -Algas e produtos de algas.
- -Serraduras e labras de madeira.
- -Cinzas de madeira.
- -Viñaza.
Abonos de orixe mineral segundo o Regulamento (CE) Nº 889/2008.
Entre os produtos de orixe mineral están permitidas todas aquelas rochas en bruto que non sufrisen ataques químicos para aumentar a sua solubilidade. Podemos citar:
– Fosfato natural brando.
– Fosfato aluminocálcico.
– Escorias Thomas.
– Sal potásico.
– Sulfato de potasio.
– Carbonato de calcio de orixe natural.
– Sulfato de magnesio.
– Sulfato de calcio (xeso).
– Cal industrial procedente da producción de xofre.
– Cal industrial procedente da producción de sal o baleiro.
– Xofre elemental.
– Oligoelementos.
– Cloruro de sodio.
– Po de rocha e arxila.
A modo de resumen podemos dicir que a fertilización ten dúas funcións primordiais:
- – Favorecer a vida dos microorganismos do solo.
- – Repoñer no solo aqueles elementos que están esgotados de xeito que poidan ser utilizados polas plantas.
Outros temas de Mundo Verde
- Tempo de poda (II)
- Tempo de poda (I)
- Producción ecolóxica, abonado verde
- Producción ecolóxica: COMPOST
- Producción Ecolóxica III: Rotación de Cultivos
- Como producir de xeito ecolóxico (II)
- Como producir de xeito ecolóxico (I)
- Abonado II
- Abono I
- Principios de Poda (III)
- Principios de poda (II)
- Principios de poda (I)