publicidade hoxe

Principios de poda (II)

Como facer ben o corte

 

acotar_bgSempre que se realizan cortes de poda, prodúcese unha ferida na planta ou árbore. Iso pode constituír unha entrada ou inicio dunha enfermidade ou praga. Debemos, pois, realizar un corte de xeito que se forme un anel de cicatrización. Canto máis pequeno sexa o corte, máis rapidamente se formará dita cicatriz. Cando unha rama ten máis dun ano, xa se considera un corte groso.

Como facemos o corte?

O corte debe ser realizado respectando a engurra da cortiza, sen tocala e formando unha liña imaxinaria que uniría ese punto co extremo superior do colo da rama. Deste xeito evitamos deixar tocóns e garantimos que a zona da ferida recibe o alimento preciso para formar a cicatrización e non queda madeira morta que poida logo chegar a podrecer.

No caso de facer cortes moi a rente do tronco ou da rama á que estaba unida e que retiramos, corremos o risco de que non chegue a formarse completamente o anel de cicatrización.

Acortar rama

 

acotar_pqPara reducir en lonxitude unha rama debemos elixir primeiro unha ramiña que faga a función de tirasavia. O corte farémolo de xeito paralelo á engurra que forma o tirasavia coa rama que queremos eliminar.

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 20 de Marzo do 2013 | 8:14 p.m.