Abono I
Á hora de empregar ou mercar un abono ou fertilizante debemos ter en conta varias consideracións que nos axudarán na súa elección, e nos permitirán en moitos casos facer un uso racional e preciso, ademáis de aforrar cartos.
De forma moi resumida podemos decir que un abono queda definido basicamente pola súa composición. Dita composición ben expresamente indicada na etiqueta mediante uns números (ex.:8-24-16). Estes son os números que nos dan moita información.
O primeiro indica a concentración de Nitróxeno (N) , o segundo a concentración de Fósforo (P) e o terceiro a de Potasio ( K). Así, no exemplo anterior, 8-24-16, nos informa de que os compostos que nos proporcionan Nitróxeno no abono representan un 8%. Temos un 24% de compostos de Fósforo e un 12% de compostos de Potasio. Se sumamos os tres números obtemos a riqueza ou concentración do abono -no noso exemplo 48 unidades fertilizantes (U.F.)-. Se dividimos os tres números entre o máis pequeno obtemos o equilibrio ou proporción. No noso exemplo temos un abono cun equilibrio 1-3-2.
E para que nos pode servir esto?. Pois ben, podemos atopar dous abonos co mismo equilibrio pero distinta concentración ou riqueza. O abonado que realicemos con eles é o mesmo pero para iso variaran as doses a empregar.
Á hora de mercar o abono debemos ter en conta o prezo do mesmo, pero non nos importa a como sae o kg, senón que debemos votar a conta de a cómo resulta o prezo por unidade fertilizante.
Outros temas de Mundo Verde
- Tempo de poda (II)
- Tempo de poda (I)
- Producción ecolóxica, abonado verde
- Producción ecolóxica: COMPOST
- Producción Ecolóxica III: Rotación de Cultivos
- Como producir de xeito ecolóxico (II)
- Como producir de xeito ecolóxico (I)
- Abonado II
- Abono I
- Principios de Poda (III)
- Principios de poda (II)
- Principios de poda (I)