publicidade hoxe

Aviso Legal

DATOS DA EMPRESA

Máis Deseño Silleda, S.L. é unha entidade con domicilio social na rúa Tras das Eiras, en Silleda, Pontevedra, á que pertence o dominio www.noticieirogalego.com e con enderezo electrónico de contacto en noticieiro@noticieirogalego.com.

Noticieirogalego.com é unha marca rexistrada por Máis Deseño Silleda, S.L. na oficina española de patentes e marcas, con número de rexistro M2994380, segundo resolución publicada no B.O.P.I. de data 24/11/2011.

Máis Deseño Silleda, S.L. atópase inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 3360, Libro 3360, Folio 60, Folla PO-4371, Inscrición 1º.

QUE É UNHA COOKIE

Unha cookie (Galleta) é un pequeno arquivo de texto que se almacena no caché do seu navegador o cal contén información sobre as súas preferencias de búsqueda e contidos preferentes, isto facilita a navegación tanto no noso portal como en portais de terceiros facendo que estes resulten máis útiles. As cookies desempeñan unha gran labor xa que sen elas habería contidos que non podería visualizar.

Noticieiro Galego utiliza cookies con distintos fins, un deles é aumentar a relevancia dos anuncios da súa preferencia, recordar as veces que vostede nos visita, cando se rexistra no noso portal ou utiliza as diferentes funcionalidades do mesmo. Desta forma podemos garantir que vostede está facendo un uso axeitado do mesmo e nós podemos salvagardar a súa privacidade.

USUARIO

O xornal noticieirogalego.com facilita ao usuario o acceso a información e contidos de diversa índole a través de artigos publicados na propia web ou ben por medio de enlaces (links) a outros sitios web de libre acceso.

Enténdese por usuario á persoa que mediante navegación pola rede accede libremente a utilizar ou participar dos servizos que se ofrecen en noticieirogalego.com sendo consciente de que o acceso aos contidos é libre e, polo tanto, suxeito á súa exclusiva responsabilidade, entendendo por “contidos” aos textos, gráficos, imaxes, vídeos, audios, bases de datos, softwere ou demais creacións que se atopen ao amparo das leis de protección de propiedade intelectual ou industrial.

Noticieirogalego.com resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación, configuración, composición ou localización de www.noticieirogalego.com, así coma os contidos e as condicións requiridas para o uso ou acceso aos mesmos. Do mesmo xeito, noticieirogalego.com poderá habilitar a terceiros para que se publiciten ou presten os seus servizos dentro da web; neste caso, será responsabilidade destes terceiros establecer as condicións de acceso e uso dos servizos que ofrecen.

Por tanto, asúmese que calquera usuario que acceda ao xornal dixital www.noticieirogalego.com leu e aceptou as condicións de uso, sendo consciente das súas responsabilidades con respecto aos contidos e á utilización dos mesmos.

Segundo as condicións marcadas pola lexislación, o usuario obrígase a:

a) Non utilizar a páxina con fins ilegais ou contrarios á moral, á boa fe, ou que poidan causar danos a terceiros.
b) Non utilizar www.noticieirogalego.com para difundir publicidade ou mensaxes non solicitados polos usuarios.
c) Non difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, ilegal, de apoloxía terrorista ou atentatorio contra os dereitos humanos.
d) Dispoñer dos contidos aos que acceda para uso estritamente persoal, non facilitando á terceiros o acceso a ditos contidos.
e) Non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de www.noticieirogalego.com, dos seus provedores ou de terceiros. Non introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar danos.
f) Non acceder con contas de correo electrónico doutros usuarios ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

O usuario só remitirá información á paxina web no caso de que sexa titular dos dereitos necesarios, estea facultado para a súa cesión e non infrinxa ningún dereito. Neste senso, ao remitir dita información a noticieirogalego.com, o usuario estará cedendo os dereitos de explotación sobre dita información a noticieirogalego.com

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O conxunto de contidos que se atopan publicados no xornal dixital noticieirogalego.com corresponden exclusivamente á cesión para a difusión de dita información por parte dos órganos administrativos e entidades sobre as que versan eses contidos convertendo a noticieirogalego.com en titular dos dereitos de explotación en virtude dos acordos establecidos con terceiros. Polo que para a súa reprodución por parte do usuario ou dun terceiro deberán contar coa pertinente autorización da persoa física ou xurídica á que corresponde a titularidade dos dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial.

Noticieirogalego.com non se responsabiliza das opinións vertidas polos colaboradores ou entidades que facilitan a información, así como dos comentarios de usuarios a través de foros ou demais ferramentas de participación. Non obstante, noticieirogalego.com resérvase o dereito a retirar aquelas aportacións que impliquen algún tipo de vulneración ou discriminación cara a terceiros.

Por tanto, o usuario estará limitado a utilizar o contido da web unicamente para o seu uso persoal e privado, respectando en todo momento os dereitos de propiedade. Queda prohibida a reprodución con fins comerciais ou ilícitos, así como tampouco se permitirá a manipulación dos contidos.

A páxina web e os seus contidos atópanse protexidos segundo a normativa vixente, polo que o usuario só poderá visualizar os elementos, imprimilos, copialos ou publicalos nas redes sociais que se habiliten e/ou almacenalos única e exclusivamente para o uso persoal e privado.

Do mesmo xeito, queda terminantemente prohibida a reprodución, distribución, comercialización, alteración ou descompilación da páxina web ou de calquera dos seus elementos ou servizos, así coma do código fonte que configura a estrutura da web que non poderá ser empregado de ningún xeito sen previa autorización expresa do titular. Quedan prohibidas actividades como o “framing” ou o “in line linking” salvo que se dispoña de autorización expresa e por escrito. Esta prohibición inclúe tamén á extracción ou uso de elementos da páxina que sexan susceptibles de causar prexuízo algún a noticieirogalego.com conforme ás disposicións do Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.