Carro de nabo
O xoguete que presentamos esta semana está intimamente vinculado ao mundo rural e labrego. Aquí a imitación dos labores realizados polos nosos maiores xoga un papel fundamental. Esa ansia, cando pequenos, de medrar e de ser coma os pais, semella que non dá chegado. É unha eternidade de tempo o que pasa ata que se poida facer algo que sexa considerado de adultos. Ese chegar a ter responsabilidades equiparables ás dos maiores é un devezo, case unha utopía, que se resiste. Ese momento en que o teu pai che concede a posibilidade de poder levar o arado ou a grade detrás dos bois ou as vacas ou ir co carro na procura dunha carga de toxo, millo… sendo ti o auténtico capitán da nave, nunca se esquece.
Mentres non chega esa oportunidade, había que entreterse coa imaxinación, coa recreación desa realidade que aínda non nos estaba permitida. Así, por emulación, xorde a creación deste medio de transporte tan necesario no medio rural para carrexar todo tipo de cargamentos.
Podíase construír xa mesmo na propia leira cando os pais estaban a apañar os nabos con aqueles fouciños pequenos para escouzalos, quitándolles as raíces e a terra que, a miúdo, traían consigo. Así xa aproveitaban tamén para facer camiños polos regos ou sucos e levar pequenas cargas de nabizas ou grelos, amparadas con minúsculos fungueiros feitos de garabullo.
Unha das maneiras máis peculiares de facelos era empregando as cacholas dos nabos, sobre todo na provincia de Lugo. Son coñecidos este tipo de carros nas terras do Barroso, en Portugal, segundo António Fontes, onde tamén existían de cenorias e de patacas.
ASÍ SE FAI
Material:
Un nabo grande e alongado, dous nabos redondiños e máis pequenos, un pau duns 30 cm de longo por uns 2 cm de diámetro, un pau gallado duns 10 cm, seis pauciños duns 8 cm, un pau de 20 cm por 1 cm de diámetro, dúas galliñas de 4 cm e a navalla.
Estación:
Inverno, xaneiro e febreiro.
Tempo de fabricación:
30 minutos.
Saímos na procura dunha leira de nabos, coa navalla no peto, e buscamos un nabo alongado e grande. Cortámoslle as nabizas ou grelos e quitámoslle a parte redondeada ata que quede unha plataforma plana de 3 cm de espesor. Esta sería o chedeiro ou cheda do carro.
Cos dous nabos redondos e iguais, deseñamos dúas rodas duns 2 cm de gordo. Cravámoslles no centro o pau de 20 cm ata que traspase as rodas. Deste xeito, xa teriamos o eixo do carro. Afiamos as dúas galliñas de 4 cm e colocamos o eixo de arriba da plataforma e suxeitámolo con elas, sen apertalo para que xire ben.
Dámoslle a volta ao nabo e collemos o pau de 30 cm, afiámoslle a punta coma un lapis e espetámosllo ao nabo no centro, xusto onde saía o grelo. Como esta zona é especialmente dura, debemos iniciar previamente o burato coa punta da navalla e, logo, cravar o pau que fai de cabezalla do carro, lugar onde se enganchaba a parella de bois ou vacas. A continuación, espetamos a galla de 10 cm na plataforma, xusto detrás de onde foi cravada a cabezalla. Esta peza sería o ranqueiro, para apoiar a carga. Finalmente, cravamos espallados nos laterais os seis pauciños de 8 cm que farían de fungueiros, fumeiros ou estadullos do carro. Só nos quedaría poñerlle a carga e, se quixésemos, engadirlle unha parella de bois de carozo de millo.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo