Colar de Pampullos ou Pampillos
Este costume de adornarse para campar máis xa vén moi de vello. Xa as culturas primitivas empregaban todo tipo de adornos para estaren máis fermosos e distinguirse diante dos seres da súa mesma especie. Sobre todo adoitaban realizar estas prácticas as xentes vinculadas co mundo agrario e moitas veces adobiábanse con todo tipo de flores e plantas e cores sacados delas, por mor dalgún culto agrario, como por exemplo a chegada da primavera con todo o que iso significaba e significa. Non se reparaba moito no tipo de flor, aínda que dependía da zona e da época do ano para escoller unha ou outra clase de flor ou planta. Tamén dependendo da forma e cor, podía ser utilizada para colar, coroa, pendentes, brazaletes ou cintos.
Esta práctica lúdica entre os máis novos é coñecida en toda Europa e por suposto en todo o mundo. En Cataluña, por exemplo, facían colares (collar, collaret) e brazaletes para brazos e nocellos de diferentes tipos de flores. En Portugal son moi coñecidos por todo o país os colares de macela, de dente de leao, argolas e colares de agulhas de pinheiro, de bolinhas de gilbardeira. En Francia acontecía o mesmo, pois tamén realizaban o collier en aiguilles de pin (colar de agullas de piñeiro), collier en chatons de chátaignier (colar de recandeo de castiñeiro) ou os colliers en fruits (colares de todo tipo de froitos, castañas, piñas dos cipreses, boliñas dos ameneiros, das cúpulas das landras, …) e, por suposto, das máis variadas flores, aínda que as máis socorridas son as margaritas.
ASÍ SE FAI
MATERIAL: Unhas tres ducias de flores de pampullos, unha herba dunha gramínea ou dun xunco e un pauciño aguzado.
TEMPO: 30 minutos.
ESTACIÓN: Primavera.
Comezamos pola tarefa de procura destas flores que son perfectamente recoñecibles, tanto pola súa cor moi amarela como pola súa forma redondeada con moitos pétalos desa mesma cor e o corazón ou botón tamén amarelo. Outra pista importante para o seu recoñecemento é que aparecen en moita abundancia nas leiras ermas ou arredor dos camiños e carreiros. Unha vez recollida a cantidade pertinente, é dicir, unhas tres ducias, comezamos o labor de realización do colar. Daquela, collemos cada unha das flores, arrincámoslles o rabo e ímolas furando co pau aguzado polo mesmo centro do botón amarelo e, acto seguido, imos enfiando unha a unha na herba dunha gramínea ou dun xunco, aínda que tamén se podía empregar para tal fin un fío de cánabo, así gañaba o colar en seguridade e duración. Unha vez enfiadas todas as flores que nos cómpren, anoamos as puntas da herba, xunco ou fío e xa o podemos colgar ao pescozo. Nin que dicir ten, que o colar debe ser o suficientemente grande para que entre e saia pola cabeza con folgura, sen tocar nas orellas.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo