Catavento ou Viraventos
O movemento impresiona sempre aos máis pequenos e aos maiores tamén. Temos visto en calquera horta, para escorrentar os paxaros, aparellos semellantes a este xoguete. Nunca faltou algo parecido e, se cadra, máis ruidoso ca este no medio dos tirabeques, nabos da semente, guindeiras, cerdeiras, … para que os paxaros non puidesen acceder, en principio, con facilidade a engulir estes froitos ou sementes. Eran as martabelas dos maiores as que inspiraron estas argalladas para xogaren, aínda que non fixesen ningún ruído, si procuraban sempre o lugar de onde proviña o vento para funcionaren, de aí o seu nome.
Algo semellante a este brinquedo tense visto nas Illas Baleares, aínda que as plumas ían fixadas a un anaco de cortiza e este conxunto espetado cun alfinete ou cravo e denominábano molinet de plomes. A algo parecido en Portugal chamábanlle catavento, viravento ou corrípio, aínda que feitas as aspas doutro
material. No resto do Estado é coñecido, xeralmente, co nome de veleta.
ASÍ SE FAI
MATERIAL:Unha ducia de plumas de gaivota, un anaco estreito de cana duns 30 cm, outro igual de estreito e duns 25 cm de longo, un anaco de cana duns 50 cm de longo, como mínimo, e máis ancha cás anteriores; un pauciño de 10 cm e 1,5 cm de grosor; unha cuncha de xiba, canto máis grande mellor ou unha rodiña de cortiza de rede de mariñeiro; fío de cánabo dos chourizos e unha navalla.
TEMPO:45 minutos.
ESTACIÓN:Verán.
Collemos a cana de 25 cm e, a uns 8 cm da parte máis estreita, facémoslle unha pequeniña fenda ou rebaixe. É aconsellable que esta cana, na súa parte máis gorda, remate en nó que puiremos o mellor posible, para que o rozamento, ao xirar, sexa mínimo. Deseguido, collemos a de 30 cm e pola metade facémoslle outro rebaixe. Estes rebaixes fanse porque a cana esvara moito, entón , unha vez feitos, encaixan mellor unha na outra e, ao amarrárense, xa non se moverán. Esta cana, na súa parte máis gorda, non debe rematar en nó, para logo espetar o pau que suxeita a roda do catavento. Xa amarradas ambas as canas, collemos 8 plumas, as máis igualadas, e apartámolas para despois. As 4 restantes amarrámolas fortemente na parte estreita da cana horizontal de 30 cm. Agora mesmo temos feita a armazón central do conxunto. Collemos o pau de 10 cm e, deixando uns 2 cm, rebaixamos o resto coa navalla, quedando semellante á figura dun cravo, ata que entre xusto no extremo da cana contrario ás plumas. Coa cuncha da xiba, na súa parte máis gorda, facemos unha roda. Na parte central facémoslle un burato con este pauciño que acabamos de preparar. A seguir, collemos as 8 plumas, anteriormente apartadas, e espetamos unha delas en calquera parte do exterior da roda. Outra oposta a esta e outras dúas perpendiculares ás anteriores. As 4 restantes colocámolas no medio e equidistantes entre as 4 anteriores. Xa temos feito o rodicio do viraventos. Sería bo espetar as plumas unha miguiña inclinadas para que xire mellor. Para rematar o proceso, procedemos a encaixar todas as pezas. Primeiro metemos o pauciño polo burato da roda da xiba e encaixámolo no extremo da cana que leva as plumas. Despois poñémolo a funcionar espetando na area a cana máis grosa e no tubo superior encaixamos o conxunto enteiro. É moi importante que esta cana, que serve de base, estea dereitiña para que o catavento xire ben co vento.
De queremos simplificar a montaxe, na cana transversal introducimos unha metade de rolla de cortiza, previamente furada, uns 6 cm, introducimos o rodicio e logo a outra metade da cortiza. Así entre ambas queda a roda do catavento, preparado para funcionar.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo