Pote de nabo
Ten boca e non come… ten cu e non caga… ten pés e non anda?
Ten boca e non come/ten cu e non caga/ten pés e non anda. Ata a sabedoría popular falaba del, do pote. Unha figura emblemática de moitas das lareiras das casas labregas galegas. Unha testemuña cotiá dos miles de contos e lendas que se teñen contado ao redor del na espera de comer o que alí dentro se botaba a cocer, na maioría das veces o caldo. Esta comida formada por patacas, nabizas, verzas ou grelos, fabas ou feixóns e unha miguiña de unto, se había, quentou as barrigas e o espírito de moitos galegos e galegas nos séculos XIX e boa parte do XX. Xa o dicía o refraneiro: Pote sen verzas, sen unto nin sal, pódeselle ao gato dar. Era pois, o pote, o personaxe central desta película real que se vivía a diario nas nosas aldeas. Alí, na lareira, pendía dun colgadoiro de madeira ou ferro, a gramalleira, que á súa vez se colgaba noutra armazón para afastalo ou aproximalo ao lume, que se lle chamaba burro, guindastre ou angarela. Todo isto acontecía debaixo da cambota da lareira e rodeado dun escano e tallos para sentar, iluminado polo propio lume, un candil de aceite ou carburo, unha vela ou un pau de uz pendurado dunha galla. Era este o escenario ideal para poñer en funcionamento o imaxinario popular dos contos de medo.
Aínda que, tradicionalmente, tiña tres pés, tamén existiron sen eles e, daquela, colocábanse derriba dun trespés ou trepia para quentalo. Cando se foi abandonando o seu uso pola introdución das cociñas económicas de ferro, serviu para quentar a comida para o gando, porcos ou vacas, principalmente. Hoxe en día aparece como elemento de adorno dentro ou fóra das casas, facendo de soporte para calquera tipo de plantas.
Téñense atopado este tipo de xoguetes noutras culturas, como en Francia ou en Portugal, aínda que as panelas portuguesas facíanas de coca de carballo, igual có pot francés.
ASÍ SE FAI
Material:
Un nabo mediano que lembre a forma do pote, tres pauciños de 5 ou 6 cm, 3 pauciños delgados de 6 cm e a navalla.
Tempo de fabricación:
15 minutos.
Estación:
Inverno, xaneiro e febreiro.
Despois de localizarmos a leira de nabos, escollemos un de tamaño medio que nos recorde unha miguiña a forma do pote. Cortámoslle a ramallada e quitámoslle as raíces ou algunha imperfección que puidese ter. Cortamos o nabo transversalmente á altura de 2 cm, xusto debaixo de onde cortamos a rama, e xa nos queda feito o testo ou tapadeira do pote.
Baleiramos coa navalla o interior do nabo, de maneira que quede unha parede de 1 cm de espesor e está preparado o interior do recipiente. De seguido, afiamos a punta dos 3 paus máis grosos e espetámolos oblicuamente no cu do nabo a uns 3 cm, equidistantes do centro do devandito cu do nabo. A continuación afiamos as puntas dos tres pauciños máis delgados e dobrámolos en tres partes iguais. Espetamos un na tapadeira e os outros dous, un a cada lado do pote.
Finalmente, só nos queda meter os ingredientes (flores dos nabos, anacos de nabiza, grelos, outras flores,…) dentro do pote e cociñalos.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo