Foguete de xunco

Non cabe dúbida de que os modos de vida, os costumes e mesmo moitas das nosas tradicións e festas cambiaron, para ben ou para mal, pero o xeito de presentarse en sociedade, é evidente que está modificado, unhas veces, e desaparecido, outras.
O que non é doado esquecer é o momento da celebración dunha festa ou dunha romaría, daquelas que no mundo das nosas aldeas e parroquias se viñan celebrando na honra deste ou daquel santo ou santiña, que facía de patrón ou patroa dese lugar. Comezábase ese mesmo día pola mañá cedo ou mesmo o día anterior, a botar foguetes ben estrondosos que preludiaban o ambiente de troula que se aveciñaba, era o denominado anuncio. A seguir, para celebrar unha procesión relixiosa e a aparición dun grupo musical e ao rematar a súa actuación musical, volvíase botar outra foguetada. Pola noite acontecía o mesmo cando comezaba e remataba a festa.
Esta actividade dos fogueteiros era seguida moi de cerca polos nenos, ben mirando sorprendidos como saían a toda mecha cara a un punto indefinido do ceo ou procurando onde caía para apañar a variña de cana, para eles xogar con ela na propia festa ou logo nas súas casas, facendo competicións de lanzamento.
Outras veces, por imitación, construían os seus propios foguetes con xunco, que ben podía ser un simple xunco ou máis sofisticado, con cartucho.
Este tipo de foguetes tamén se realizaron ao longo da xeografía portuguesa, aínda que podía variar a súa forma de facelos, e noutros lugares do Estado español, como nas Illas Baleares, que se facían os famosos coets de canya.
ASÍ SE FAI
Material: xunco
Variantes: foguete dun xunco, foguete con cartucho de xunco.
Tempo de fabricación: 5 minutos, pouco máis ou menos.
Arríncase un xunco, na primavera ou verán, e córtase un anaco pola base. Ábrese ó medio cunha uña ou coa navalla, e tírase uns cinco centímetros dunha parte. Esta métese entre os dedos máis grandiño e furabolos, quedando o xunco enteiro pola parte de atrás da palma da man. Para lanzalo tírase fortemente e con rapidez da pela ou casca que está entre os dedos e o xunco sae disparado coma un foguete que é. Acompañábase co estoupido de sshiii … pum, producido polo propio rapaz ou rapaza.
Existía unha variante, que consistía en atarlle a un xunco unha pedra na punta coma se fose un cartucho. Arrebolábase ó aire e simulábase o son da explosión coa boca. Nalgunha zona de Portugal metíase un ou varios xuncos nunha bóla de barro amasada, deixábase secar e logo, agarrándoos pola punta, tirábanse ao aire con forza.
Para facer o outro foguete de cartucho, collemos un xunco e dobrámolo polo cu uns 7 cm. E imos dobrándoo sobre si mesmo ata facer unha forma cilíndrica, que será o cartucho. Collemos outro xunco para facer a variña, deixándolle un anaco saído para arriba e dobrámolo sobre o cartucho. Apañamos outro xunco e, colocándoo ao sentido contrario á variña con 1 cm. saído para a mecha, dobramos o xunco polo lado contrario, quedando os dous xuncos no mesmo sentido. Este xunco empregámolo para amarrar o cartucho, dándolle voltas ao redor, ben xuntas. Chegados á parte alta do cartucho, metemos a punta sobrante do xunco polo medio da dobrez do outro, de dentro a fóra.
Tiramos por esa punta e apertamos tirando pola mecha. Cortamos o que sobre coa uña e xa está listo para lanzar cara ao ceo, agarrándoo pola punta da variña.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo