publicidade hoxe

Asubío de espadana

espadanasA espadana tamén é coñecida como espadaina e espadaña. Tamén hai quen lle chama lirio amarelo. Nalgúns lugares de Galicia empregábana para adornar as eiras na noite de san Xoán e, noutros, botábana polos tellados das casa, tamén nesa devandita noite. Mesmo, formaba parte desa multitude de plantas que se deixaban en auga ao relente toda a noite e pola mañá, lavábase a cara con esa auga. De todos os xeitos, a relación máis cotiá coas espadanas era cando se ía á herba para o gando, nos pardos húmido e de regadío. Cortábanse coa gadaña e adoitábase deixalas en montóns ou máis esparexidas en gavilleiros para que foran secando ao sol. Despois, cando se remataba o prado enteiro, levábanse para as cortes do gando e empregábase como estrume, xunto con fentos toxos ou silvas. Cando eran moitas, había que separalas, pois considerábase que non eran boas para o gando. Non obstante, os nenos sempre lle atoparon esa utilidade como asubío e, de paso que ía á procura de ras, sempre remataban por apañar algunha para reproducir sons.

Este tipo de asubíos teñen aparecido en moitos lugares que posúen estes idénticos materiais. Na propia Galicia, tamén reciben o nome de palletas ou harmónica, entre outras. En Asturies, por exemplo, denomínano chifa de espadaña ou chifla d´espadaña. En Cantabria, chiflato de espadaña.

ASÍ SE FAI

material-asubio-de-espadanasMATERIAL: Unha espadana cortada ben a rente do chan, a poder ser sen flor, e unha navalla.

ESTACIÓN:Calquera época do ano, preferentemente no inverno ou primavera.

TEMPO DE FABRICACIÓN: Uns dez minutos.

asubio-de-espadana-paso-1
asubio-de-espadana-paso-2

Temos que ir á procura dun prado húmido ou que teña un rego, que é o seu hábitat natural, para achar este tipo de planta. Unha vez atopada, cortámola ben rente ao chan, ás veces mesmo debaixo da auga. Seleccionada a espadana, separámoslle as follas e quedamos con unha. Observamos que están engarzadas unhas nas outras, coma se fose metida nun sobre. Cortamos transversalmente no fondo de todo e a uns 10 cm, máis ou menos, pois xa observados que neste lugar é onde vén rematando esa cor violácea para xa dar paso ao verde claro. Para facerlle funcionar, collemos o anaco de espadana cortada e achegámola á boca pola parte aberta lonxitudinalmente, coma se fose unha harmónica. Sopramos ou absorbemos aire e veremos que produce un son característico. Despois, para compoñermos unha melodía, vai depender moito da nosa habilidade. Tamén había quen a soparba por un extremo e modulaba o son coa man, apertando ou afrouxando nos seus laterais.ca no francés antigo primerose. En Francia, hoxe en día, é denominada primevère. En portugal, prímula. En español tamén recibe o nome de primavera, prímula e mesmo orejas de oso.

asubio-de-espadana

Por: Xosé López González e Xosé Manuel García
Publicado o 19 de Maio do 2015 | 11:00 a.m.

Outros temas de Picaraxadas