Colar de landras
Anque o carballo nun fuma, A landa éche mui guapa “As landas”. O canto do carro. Alberto Calvín Corredoira. |
É moi sabido de todos que os devezos por adornarse que teñen nenas e nenos, xa non vén de agora senón de tempos da antigüidade da nosa civilización. Na Antiga Grecia e Roma, os máis cativos xa se colocaban obxectos (colares, coroas, pulseiras, pendentes, caretas,…) para imitaren aos seus maiores. As ancestrais tribos e grupos humanos de diferentes lugares do Antigo Mundo xa se pintaban e adornaban con múltiples argalladas, todas elas froito de produtos naturais e de refugallo que lles servía a natureza que os rodeaba. Daquela, non é de estrañar que os nosos miúdos que vivían nas aldeas, sen contacto con zonas urbanas, cheos de árbores, plantas, ríos, fontes, camiños, leiras, animais,… aproveitasen todo este potencial para se adobiaren e campar máis diante dos seus iguais e dos maiores, nun proceso coma de chamada ás portas da maioría de idade.
Así pois esta moda do adorno con colares, coroas, brincos, grilandas, pulseiras,… non é xa de agora, senón que vén moito de atrás e dáse en todas as culturas e civilizacións.
ASÍ SE FAI
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Despois da procura das landras que cumpran, imos facéndolles un buratiño a cada unha co tarabelo ou arame. Despois podemos ordenalas por tamaños para así elixir o proceso de montaxe que máis nos guste. Montamos a agulla no fío e atamos no final o pauciño, para que non saian as landras. Comezamos a enfialas de unha en unha introducindo a agulla en cada unha delas ata que vexamos que é suficiente o número, para rodearnos o pescozo. Ao rematar, cortamos polo enganche da agulla e polo pauciño e anoamos as puntas.