Lancha de xunco
O xoguete que imos preparar esta semana ten moito que ver cun dos traballos realizados, maioritariamente, polos nosos homes hai anos, a pesca e a navegación en xeral.
Por un lado ese espírito aventureiro e o contacto obrigado co mar que rodea a nosa terra galega e, por outro, o termos nacido e vivido no paraíso dos mil ríos e milleiros de regos, vai levar aos nosos nenos a emprender, por imitación, a construción de diferentes tipos de embarcacións. Así xurdían do seu maxín gamelas, dornas, botes, lanchas ou traíñas coma se dun taller de ribeira se tratase. Unha das materias primas máis empregadas para este feito eran os xuncos. Non podía ser doutro xeito nun país húmido coma o noso, onde a chuvia é arte e fai agromar as xunqueiras polas beiriñas dos regueiros e prados de regadío.
Estas lanchas ou barcos de xunco son moi propios da zona norte de Galicia e tamén se teñen atopado este tipo de barquiños nalgunhas zonas do País Basco (Araba) ou Navarra (Monreal e Sagüesa), onde se coñecen co nome de ihiren itsasontzi, aínda que pode variar segundo as zonas. Non obstante, non se rexistran en Portugal nin se teñen visto pola xeografía española.
ASÍ SE FAI
Material:
Xuncos, espiñas (de silvas, pau de espiño, acacia brava, roseira, toxo…), follas de loureiro e navalla.
Variantes:
Lancha de xunco, barco ou traíña.
Estación:
Primavera e verán.
Tempo de construción:
5 minutos, pouco máis ou menos.
Para facer a lancha de xunco, hai que arrincar un xunco enteiro, agarrándoo ben forte pola base, para que non rompa. Canto máis longo sexa, máis ampla será a plataforma da lancha. A mellor época para realizar esta operación é a primavera, pois desde que espigan os xuncos, escachan con gran facilidade. Cóllese o xunco pola base ou cu e dóbrase a uns sete centímetros, para facer mastro ou pau da vela. Deseguido vólvese a dobrar á mesma distancia e vaise envolvendo ao redor do mastro ata que se remate o xunco. Ao acabar este proceso, préndese coas espiñas, mellor de pau de espiño, que son máis longas e seguras. De non habelas, cravámoslle calquera das outras que teñamos a man. Metémoslle unha na proa, outra na popa e outras dúas, unha a babor e outra a estribor. Pódese facer máis ancha a lancha se lle engadimos outro xunco ben amarrado coas espiñas. Finalmente pónselle unha folla de loureiro atravesada no mastro, que fará de vela. Colócase perpendicular ao mastro, abríndolle dous buratiños separados para meter por eles o xunco que fai de pau de vela. Este tipo de folla é máis resistente, pero de non as termos a man, vale calquera outra que nos sirva para simular unha vela.
Xa está a lancha lista para botar por un rego abaixo ou deixarse levar pola corrente dun lavadoiro.
Para facer a traíña ou barco de xunco, tiñamos que apañar, do mesmo xeito, unha presada de xuncos. Collemos tres deles, ben igualadiños, e anoámolos ben apertados nun estremo. Para seguir, facémoslles outro nó noutro estremo e á distancia que nos queiramos que teña o casco da traíña. Cortamos coa navalla o sobrante dos estremos e collemos unha presa de xuncos e cortámolos en pezas dunha cuarta ou 20 cm. Apañamos outra presa e partímolos en anacos de 6 ou 8 cm. Como xa temos todo o material preparado, podemos iniciar a construción do navío. Collemos un anaco de cuarta, dobrámolo coa uña pola metade en forma de uve e introducímolo entre os tres xuncos iniciais, abrazando o do centro, que fará de quilla. Quédanos así posta a primeira cuaderna (costela) do casco do barco. A continuación, para suxeitar esta peza, collemos un xunco de 8 cm e introducímolo acabalgado entre os tres xuncos, é dicir, por debaixo dos laterais e por riba do central. Este xunco fai que se suxeite o anterior en forma de uve. Continuamos este proceso ata chegar ao outro estremo da traíña, procurando que queden ben apertados para que non se desfaga a embarcación.
Outros temas de Picaraxadas
- Chifre de abelá
- Gaita de avea con roncón
- Fonda de trobisco
- Barco de cana
- Colar de cocas
- Carrizo de noz
- Carro de fiúncho
- Violín de millo
- Gaita de palla seca
- Pistola de pinza de lavandeira
- Tarrañolas de cana
- Canaveira
- Barco de zoca
- Frauta traveseira de cana
- Muíño con coca de carballo
- Carro de castaña
- Escopeta de millo
- Cadeira de fiúncho
- Coroa de recandeo
- Frauta de castiñeiro
- Teléfono de botes de lata
- Carraca de mango de vasoira
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Chiribicocó
- Mesa e cadeira de fiúncho
- Zoadeira redonda
- Zarabatana de sabugueiro
- Frauta de sabugueiro con palleta de cana
- Carrizo de noz
- Tarabela de carozo de millo
- Moneco de castaña
- Canoa de faba
- Cabalo de folla de millo
- Colar de landras
- Corno
- Casco de folla de castiñeiro
- Fonda de xonza
- Violín de castiñeiro
- Grileira de cana
- Gorro de recandeo de castiñeiro
- Tirafondas
- Sanxoáns
- Colar de margaridas
- Dente de león
- Xilófono
- Estraloque de cana
- Axóuxere de vimbio
- Reque-reque
- Bailarete de carozo de millo
- Foguete de mistos
- Carouta de noz
- Parrulo de follato de millo
- Calivera de cabaza
- Dardo
- Guerreiro de landra
- Chifre ou asubío de landra
- Cabalo de cortiza
- Asubío de cabaciñas (Silene Latifolia)
- Gaita de castiñeiro
- Abesouro
- Asubío de merendiñas
- Asubío de espadana
- Gorro de xunco
- Cesto de xunco
- Carraca de madeira
- Trapecista
- Carrizo de cana
- Cichón de sabugueiro
- Castañolas de nabo
- Boneca de carozo e coca de carballo
- Colar de bugallos
- Ioió de carrete de fío
- Zoadeira de botón
- Cachorrillo
- Curuxa de coca
- Andacamiños de carrete de fío
- Pote de coca
- Colar de millo
- Tren de caixas de mistos
- Moneca de follato de millo
- Trompa de tubo de cabaza
- Muíño de papel
- Boi de carozo de millo
- Asubío de landra
- Arco e frechas de abeleira
- Panterlo
- Avión de arame
- Animaliños de landra
- Frauta con papel de fumar ou lámina de cebola
- Pelota de trapo
- Pipa de landra
- Machucamoras
- Boina de folla de castiñeiro
- Carreta
- Brincapalletas
- Lancha de táboa
- Escopeta de cana
- Vestido de folla de castiñeiro
- Diábolo
- Lagarto de recandeo de castiñeiro
- Boneca de papoula
- Pipa de castiñeiro
- Tiratacos
- Cacharros de casca de piñeiro
- Lancha de casca de xiba
- Chifre ou asubío de sabugueiro
- Gorro de castiñeiro
- Carretón
- Fonda de xunco
- As chapas
- Pistola de sabugueiro
- Muíño de salgueiro
- Chalanas de lata
- Chifre de capador
- Chichón de cana
- Barca de vela de casca de piñeiro
- Lancha de noz
- Pistola con pinzas de lavandeira
- Chifre de lata
- Perinola
- Pipa de coca
- Muíño de nabo
- Arco e frechas de vimbio
- Rinrán de noz
- Bailarete de Bugallo
- Carro de Lata
- Paraugas de Millo
- Espada de Piñeiro
- TANQUE
- Escopeta de Pau
- Viravai
- Lancha de Casca de Piñeiro
- Catavento ou Viraventos
- Carro de Salgueiro
- Cabalo de Patacas
- Grileira de Cana
- Andacamiños de Lata de Conserva
- Cadeira de Xunco
- Teléfono de Caixas de Mistos
- Chifre de Ameneiro
- Filloas de Couselo
- Lancha de lata
- Colar de Pampullos ou Pampillos
- Foguete de xunco
- Lancha de xunco
- Carraca tradicional de cana
- Pote de nabo
- Carro de nabo