publicidade hoxe

Concellos de

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
San Sadurniño

Fotografías con mensaxe, baile, volei e teatro na oferta de lecer de San Sadurniño

Este sábado e mailo domingo temos onde escoller para encher parte do noso tempo libre. O sábado a casa do Concello acollerá a presentación da exposición "Fútbol que fala" e pouco »

O xeo provoca dous quilómetros de retencións na AG-64 en San Sadurniño

Nevar non nevou moito, pero o frío que vai chégalle ben. A bolsa de aire polar que nos está afectando deixou en San Sadurniño os montes cunha fina capa de neve miúda e as estradas »

San Sadurniño achégalle ao club Aldebarán 15.000 euros para continuar coa promoción do volei no municipio

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o presidente do club de volei Aldebarán, Juan Manuel García, rubricaron esta mañá na Casa do Concello o convenio a través do que a »

Unha vintena de cativos empezan o curso na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño

Trala inauguración oficial da Escola Infantil Municipal do sábado pasado, aos nenos e nenas matriculados tocoulles empezar hoxe o curso. Estes primeiros días serán de toma de contacto »

Un cento de persoas danlle a benvida á nova Escola Infantil Municipal de San Sadurniño

Familias, nenos e nenas, representantes municipais e da empresa xestora da nova EIM de San Sadurniño celebraron este mediodía un encontro que marca oficialmente o comezo da actividade »

“Quen gravou en San Sadurniño?” será a segunda estrea dixital do Chanfaina Lab

Guillermo Arias-Carbajal é o autor dunha curta que tenta reflectir dalgún xeito "a memoria de San Sadurniño". Ou iso é o que asegura na presentación da peza protagonizada por el mesmo. »

San Sadurniño abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de memoria activa

O cerebro é un órgano vivo que se pode adestrar para telo en forma o maior tempo posible durante a nosa vida. Por iso o Concello organiza de novo os obradoiros de memoria activa que se »

San Sadurniño patrocina o equipo do CPI que participará na fase clasificatoria da FIRST Lego League

A FIRST Lego League (FLL) é un proxecto destinado a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos co que se tenta promover a súa creatividade tecnolóxica para resolver desafíos da vida real. Pero »

A Escola Infantil Municipal de San Sadurniño publica a lista de nenas e nenos admitidos

Tal e como estaba previsto, o departamento de Igualdade publicou hoxe o listado definitivo de nenos e nenas admitidos na Escola Infantil Municipal, que abrirá as súas portas o próximo »

Apertura do prazo de inscrición para un novo curso de inglés en San Sadurniño

A academia Edinan en colaboración co Concello continúa ofrecendo a posibilidade de aprender e mellorar o Inglés sen ter que ir demasiado lonxe. En outubro comezou un curso básico »

San Sadurniño e o sector forestal coordinaranse para reducir o impacto da actividade extractiva no territorio

20 persoas participaron este venres na xuntanza convocada polo Concello para abordar o impacto da saca da madeira sobre as pistas municipais e para analizar a aplicación efectiva da »

Os orzamentos de San Sadurniño entran en vigor tras rexeitarse en pleno as alegacións do PP

O pleno municipal rexeitou este xoves pola tarde as alegacións presentadas polo Partido Popular contra o proxecto de orzamentos para o 2015. Fíxoo cos votos en solitario do grupo de »

“Café-bar Santos peluquería” será a primeira estrea virtual do Chanfaina Lab

Menos dunha semana despois da estrea na Casa da Cultura, o Chanfaina Lab volve ser actualidade co inicio das proxeccións virtuais das curtas que compoñen o proxecto a través »

San Sadurniño convoca ao sector da madeira a unha xuntanza para atallar o impacto da extracción forestal no territorio

Madeiristas, asociacións de propietarios/as e xente que teña montes. Todos e todas están chamados a participar nunha xuntanza que se desenvolverá este venres a partir das 20 horas no »

San Sadurniño debate as alegacións presentadas polo PP contra os orzamentos municipais deste ano

Para este xoves a partir das 19.00h. hai convocado un pleno extraordinario con só dous puntos na orde do día. Un é a aprobación da acta anterior e o outro a aprobación definitiva do »

Os Cempés traen a San Sadurniño un novo obradoiro do seu Baile 100%

Os Cempés idearon recentemente un xeito distinto de recuperar a cultura do baile en grupo. É o que eles denominan Baile 100% cos Cempés e consiste en organizar obradoiros cos que »

Gran éxito na estrea do Chanfaina ‘Lab

A Casa da Cultura encheuse o sábado pola tarde de xente grande e pequena para asistir á estrea das curtas filmadas dentro do proxecto Chanfaina Lab. Pero, sobre todo, encheuse durante »

A Escola Infantil Municipal de San Sadurniño publica a lista provisional de admitidos

O departamento de Igualdade fixo público este mediodía o listado de admisións provisionais da Escola Infantil Municipal, dentro do procedemento especial de matrículas iniciado polo »

Hermann deixa en San Sadurniño incidencias reseñables

O primeiro temporal serio do inverno deixounos durante a noite ventos de máis de 100 quilómetros por hora aos que se lles foi unindo pouco a pouco choiva intensa. En San Sadurniño a »

San Sadurniño asina un convenio coa Garda Civil para a cesión de parte da antiga Casa Consistorial

Secundino García e o Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Benedicto González, rubricaron esta mañá o documento de cesión de parte das antigas instalacións municipais »

A escola infantil de San Sadurniño recolleu 19 solicitudes de matrícula

Este mediodía pechou o prazo especial de matrícula aberto polo Concello para cubrir a que será a primeira promoción da escola infantil municipal. En total presentáronse 19 solicitudes, »

A mancomunidade da comarca de Ferrol inicia os trámites para a nova licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol inicia os trámites para a licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos debido á próxima finalización do actual contrato, en »

San Sadurniño acolle unha charla sobre violencia de xénero e novas tecnoloxías orientada á infancia e a mocidade

Rapazada, familias e profesorado de San Sadurniño están chamados para participar o este martes nun obradoiro co que se busca previr o uso da tecnoloxía da información e a comunicación »

San Sadurniño proxecta as curtas producidas dentro do I Chanfaina ‘Lab

O Chanfaina 'Lab volve este sábado a San Sadurniño para mostrarnos as obras sobre o noso territorio producidas por case unha vintena de creadores e creadoras do audiovisual galego. A »

A escola infantil municipal de San Sadurniño abrirá as súas portas o 2 de febreiro

Xa hai data para a apertura da EIM de San Sadurniño. Será o próximo 2 de febreiro, tal e como quedou de manifesto no primeiro pleno ordinario do ano celebrado esta mañá de sábado. »

San Sadurniño organiza charlas sobre a avespa asiática en colaboración co tecido asociativo do municipio

A vespa velutina nigrithorax continúa estendéndose pola comarca. Malia que nestes momentos os niños deberían estar inactivos e as raíñas hibernando, o bo tempo do outono e deste comezo »

San Sadurniño despide a programación de Nadal con “fofuchas”

O programa Tempos para compartir púxolle fin á programación de Nadal este mércores pola tarde na Casa da Cultura coa segunda parte dun obradoiro dedicado aos nenos e nenas. Nel »

O departamento de Educación e Igualdade de San Sadurniño prepara un obradoiro sobre a prevención da violencia de xénero a través da rede

Rapazada, familias e profesorado de San Sadurniño están chamados para participar o próximo martes nun obradoiro co que se busca previr o uso da tecnoloxía da información e a »

San Sadurniño aproba este sábado o convenio de cesión á Garda Civil de parte do antigo concello

Para este sábado ás 11.30h. está convocada a primeira sesión plenaria do ano 2015. Será un pleno ordinario no que se debaterán alomenos oito puntos entre os que destaca o convenio de »

Unhas 40 persoas visitan a Escola Infantil de San Sadurniño na xornada de portas abertas

A Escola Infantil Municipal viviu este domingo pola tarde unha xornada de portas abertas para que as familias interesadas -ou calquera veciño ou veciña- puidesen coñecer as súas »

Licítase a redacción dos proxectos de sendas peonís e carrís bici nas estradas autonómicas da comarca de Ferrol

A Xunta de Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Ferrol e a súa comarca nos que resulta conveniente desenvolver sendas peonís ou »

San Sadurniño pecha a súa programación de Nadal o próximo luns

San Sadurniño encara tralo Aninovo a recta final da programación de actividades do Nadal, a maior parte delas orientadas á cativería. Este venres seis nenos e nenas participaron nun »

A Xunta de Goberno Local de San Sadurniño aproba a prórroga dos prazos de poxa polas vivendas de Naraío e Bardaos

Hai un mes que rematou o prazo para presentar propostas económicas polas escolas do Eirexado e As Loibas rehabilitadas polo Concello como vivendas. Tras quedar desertas as anteriores »

San Sadurniño continúa coa programación de Nadal

A programación de Nadal botou a andar esta fin de semana en San Sadurniño. O venres os nenos e nenas participaron en obradoiros e recibiron a visita dun dos axudantes do Apalpador, o »

San Sadurniño inicia a programación de Nadal

O mago Benxamín continúa a súa minixira por San Sadurniño e esta mañá a partir das 12 recala na Casa da Cultura para ofrecerlle o seu espectáculo ao alumnado do CPI. O Concello inicia »

Un total de 30 persoas finalizan o curso de fructicultura en San Sadurniño

O alumnado do curso de fructicultura impulsado polo Concello realizou esta fin de semana unha viaxe por A Estrada e Lalín para ver de que maneira se recuperaron e se están poñendo en »

San Sadurniño leva este xoves a pleno os orzamentos

O Concello ten convocado para o xoves 18 a partir das 19.30h. un pleno extraordinario con catro puntos no que o protagonista indiscutible será o último, relativo á aprobación inicial »

San Sadurniño pretende converter o campo de fútbol de Corrás nunha cancha de herba artificial

San Sadurniño iniciou xa o proxecto para cambiar a herba artificial o campo de fútbol municipal de Corrás. Suporá un investimento de arredor de 300.000 euros que permitirán reducir á »

San Sadurniño incrementará a partida de axudas para entidades

O Consello de Participación Veciñal reuniuse no serán deste mércores para abordar varios puntos que lles afectan directamente ás asociacións do municipio. Entre eles as previsións de »

O Consello de Participación Veciñal de San Sadurniño reúnese para definir as bases das subvencións a entidades do ano que vén

O Consello de participación veciñal é o máximo órgano de participación, información, seguemento e control daqueles asuntos sobre os que ten competencia o Concello. Está integrado por »

Comeza a recollida do lixo porta por porta en Ferreira

A parroquia de Ferreira estreou esta mesma mañá o novo sistema de recollida do lixo porta a porta que San Sadurniño porá a proba de forma experimental nos próximos meses. Trátase dun »

As canles da TVG cambiarán de frecuencia no repetidor do Pico de Ferreira

Desde hai varios meses temos aviso de que antes do 31 deste mes deberemos resintonizar os televisores para poder seguir recibindo todas as canles da TDT. Nas grandes cidades as »

Coches teledirixidos, chanfaina e volei encherán o lecer en San Sadurniño durante esta ponte

Quen non teña que facer ou non saiba como encher o tempo libre nesta longa ponte, ten tres opcións apetecibles sen ter que saír do concello. O sábado celébrase en Bardaos a Festa da »

San Sadurniño destinará a proxectos de mellora da rede viaria uns 270.000 euros

O Concello xa ten avanzados os proxectos de mellora da pistas municipais que vai acometer en 2015. O investimento total aproxímase aos 270.000 euros que irán parar a asfaltados, »

O artista gráfico Juanlu Fernández expón na galería da Casa do Concello de San Sadurniño

Juan Luís Fernández achéganos durante este mes unha mostra das súas ilustracións nas que impera a forza visual da cor e de liñas que semellan debuxadas a man alzada. Moitas delas son »

San Sadurniño comeza a probar a cita previa nos Servizos Sociais

Os Servizos Sociais municipais están suxeríndolles desde hai uns días aos usuarios e usuarias que chamen ao 981 490 027 (ext. 1) para concertar cita previa e aforrarlles desta maneira »

San Sadurniño abrirá o prazo de prematrícula na Escola Infantil Municipal o día 15

A escola infantil municipal de San Sadurniño teno todo listo para abrir as súas portas. Este martes visitou o centro un equipo de inspección da Consellería de Traballo e Benestar para »

A Mesa do orzamento participativo de San Sadurniño debate sobre unha maior implicación veciñal no proceso

A Mesa do orzamento participativo reuniuse no serán deste luns para repasar as propostas xurdidas nas xuntanzas veciñais celebradas nas últimas semanas en todas as parroquias do »

A Oficina de orientación laboral de San Sadurniño comeza a tramitar o Carné Xove

O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible que lles ofrece aos mozos e mozas entre 12 e 30 anos unha chea de posibilidades tanto en Galicia como no resto do Estado e de »

O pleno de San Sadurniño aproba as obras do POS por unanimidade

A sesión extraordinaria do pleno municipal celebrada na tarde deste mércores incluía seis puntos na orde do día que a corporación tratou e aprobou en pouco máis de 25 minutos, habida »

San Sadurniño lembra con flores ás 50 vítimas de violencia machista no que vai de ano

San Sadurniño viviu unha xornada do 25 de novembro na que todo o protagonismo se lle deu á xente nova. O alumnado dos últimos cursos do CPI participou a primeira hora da mañá nun acto »

San Sadurniño aprobará as obras do POS nun pleno extraordinario

A sesión plenaria comezará ás 19.30h. Os dous grandes puntos da tarde serán a aprobación do destino do POS -cifrado para o ano en 204.000 euros- e a incorporación de importantes »

Declaración institucional do Concello de San Sadurniño con motivo do 25-N

A violencia conculca os dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres, é a manifestación máis terrible da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. En »

San Sadurniño confirma a efectividade da depuradora biolóxica da Vila

Hai algo máis dun ano que o Concello puxo en marcha un saneamento experimental no lugar da Vila, en Ferreira. Coma en calquera rede deste tipo fixéronse acometidas nas vivendas da zona, »

San Sadurniño ergue a palabra contra a violencia de xénero

O Concello e mailo CPI de San Sadurniño volven promover o Concurso de relatos 25 de novembro, co que se busca que a rapazada reflexione sobre a igualdade a través da escritura. Este ano »

O CPI de San Sadurniño recolle un novo premio polo seu compromiso ambiental

O alumnado do colexio público de San Sadurniño volve estar de noraboa. A finais de xuño recibiron o terceiro premio Meteoescolas polo seu constante traballo de seguemento e análise do »

San Sadurniño inicia a campaña informativa sobre o plan experimental de recollida do lixo porta por porta

O Concello xa ten a punto o programa experimental de recollida de lixo polas casas, que comezará a probarse en Ferreira e nalgúns lugares lindeiros con esta parroquia a partir de »

San Sadurniño oferta un sábado de volei, castañas e baralla

O próximo sábado San Sadurniño ofrece dúas opcións de lecer organizadas por dous clubes deportivos locais, o Aldebarán e a UDC Naraío. A xente do volei preparou para ese día pola noite »

20 mulleres de San Sadurniño participaron no III Encontro de autoprotección ante a violencia de xénero

O Concello iniciou na fin de semana as actividades programadas co gallo do 25 de novembro, día internacional da non violencia contra as mulleres. E fíxoo coa terceira edición do »

Naraío regresa ao pasado no quinto guateque “Ghastas pista?”

A Asociación de Veciños “O Castelo” de Naraío volve organizar un dos eventos con máis aceptación do seu programa anual, o Guateque Ghastas Pista?, que este ano celebra a súa quinta »

Teléfonos de interese


Concello:


981 490 027


Garda Civil:


981 490 006


Centro de Saúde:


981 490 463


Farmacia:


981 490 180


www.sansadurnino.es


Máis información [+]