Apertura do prazo de inscrición para un novo curso de inglés en San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A academia Edinan en colaboración co Concello continúa ofrecendo a posibilidade de aprender e mellorar o Inglés sen ter que ir demasiado lonxe. En outubro comezou un curso básico introdutorio a esta lingua e agora propón outro de continuación aberto a quen fixese o primeiro e tamén a aquelas persoas que teñan uns coñecementos mínimos. O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de febreiro.

Para apuntarse hai que contactar coa academia no correo info@centrodeestudiosedinan.es ou no teléfono 650 198 917. O custo do curso serán 30 euros ao mes e desenvolverase todos os mércores entre as 19.30 e as 22 horas desde o 25 de febreiro ata o 10 de xuño.

O curso de Inglés correspóndese co nivel básico 2 e é especialmente axeitado para aquelas persoas que queiran refrescar e exercitar os coñecementos adquiridos, por exemplo, na escola ou no instituto. Tamén vai dirixido a xente que xa participara no curso de iniciación realizado entre outubro e decembro e, ademais, pode ser un bo punto de partida para preparar máis adiante a proba de acceso á Escola Oficial de Idiomas.

Esta acción formativa está concibida desde un punto de vista teórico e práctico para reforzar as competencias lingüísticas tanto orais como escritas. Quen queira obter máis información pode falar co propio centro de estudos e tamén coa Oficina de orientación laboral chamando ao 981 490 027 (ext. 2). Será necesario xuntar un mínimo de inscricións para levar adiante o curso. 

26 de xaneiro de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.