Declaración institucional do Concello de San Sadurniño con motivo do 25-N

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A violencia conculca os dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres, é a manifestación máis terrible da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade.

En Galiza este é o ano con máis vítimas mortais igualando ó 2008 con 7 mulleres asasinadas en mans dos seus homes. Isto demóstranos que algo segue fallando na nosa sociedade.

Para as mulleres, organización e institucións que loitamos contra a violencia machista, é un feito incontestable que non podemos continuar a contar mulleres asasinadas nin agredidas física ou psicoloxicamente, sen tomar medidas que impliquen ó conxunto da cidadanía e trasladen ás mulleres un verdadeiro apoio, ademais da garantía de respectar o seu dereito a viviren unha vida digna sen violencia.

Nos últimos anos producíronse grandes cambios nas relación que se establecen entre as mulleres e os homes, mais a miúdo vemos como estas relacións se seguen a construír sobre unha desigualdade enraizada na nosa sociedade que se manifesta en actitudes cotiás que se reproducen e perpetúan.

Lonxe do mito de que nas xeracións máis novas, as desigualdades entre mulleres e homes e a violencia contra estas, está superada, a realidade móstranos que a incidencia de violencia machista na poboación máis nova é verdadeiramente 

Isto esíxenos o compromiso activo de traballar na prevención de violencia machista coas rapazas e rapaces, poñendo todos os recursos precisos para axudar a esta xuventude á construción de relacións baseadas no respecto, na liberdade na autonomía e na igualdade.

Por todo isto, a corporación municipal asume o compromiso local na aplicación de políticas sociais que fomenten a igualdade real e efectiva. Mostra disto o II PIOMH recolle no seu plan estratéxico a liña 6 de intervención, dando énfase en contidos de 

Violencia de Xénero nas accións contempladas :

– Previr a violencia de xénero dende o ámbito educativo.
– Sensibilizar e concienciar á poboación sobre a importancia de prevención da violencia de xénero.
– Garantir a atención e total protección ás mulleres en situación de violencia de xénero.

Porque, Vivir sen violencia é un dereito.

Actos previstos para este martes:

9.30-11.00h.: Plantación simbólica de flores na Casa do Concello en lembranza das mulleres falecidas por causa da violencia machista, na que participará o alumnado do CPI de San Sadurniño, coa colaboración de Viveiros Florgalicia e Viveiros Horjales “A Casa da planta”

15.20-16.00h.: Actuación da compañía Lisístrata na Casa da Cultura coa obra “Verbas contra a violencia feminina”, no que se mestura a poesía, o teatro, a prosa e mesmo o audiovisual

16.00h.: Fallo do xurado do concurso de relatos 25 de Novembro, no que participan 16 obras escritas por alumnos e alumnas do CPI, e entrega de premios.

24 de novembro de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.