publicidade hoxe

Concellos de

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Lalín

Traballos de adecuación no enlousado das beiravías lalinenses

O concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, visitou xunto co encargado da Brigada, Ramón Galego, as actuacións de adecuación que se están a realizar nas beiravías da rúa Luís González »

O Cocido Solidario substituirá ao xantar oficial

O alcalde, Rafael Cuíña, mercou esta mañá as entradas para participar no Cocido Solidario que este ano substituirá a antiga comida oficial do cocido. Con este xesto, o rexedor quere »

O Concello de Lalín presentará este martes a programación da XLVIII Feira do Cocido

O Concello de Lalín presentará mañá ás 13.00 horas, no Museo Municipal Ramón Mª Aller, o programa de actos oficiais que se van a desenvolver durante a celebración da XLVIII edición da »

Medela e Alonso viaxarán con veciños de Zobra á Coruña para estudar o funcionamento dunha depuradora ecolóxica

Os concelleiros delegados de Rural e de Medio Ambiente, Miguel Medela e Celia Alonso, viaxarán o vindeiro martes á Coruña, acompañados por representantes veciñais da parroquia de Zobra, »

Oito empresas de nova creación benefícianse das axudasas do Concello de Lalín ao emprendemento e á formación de emprego

Un total de 8 empresas lalinenses de nova creación beneficiáronse das bolsas de axuda postas en marcha polo Concello para o fomento do emprendemento e a creación de emprego. Así o vén »

Desbordamento do regato Mosqueiros

O alcalde de Lalín visitou esta mañá o lugar da Laxe, na parroquia de Bendoiro, para comprobar sobre o terreo os problemas que está a causar o desbordamento do regato Mosqueiros. »

“Ningún neno sen xoguete” en Lalín

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, e a traballadora social municipal cordinadora da campaña “Ningún neno sen xoguete”, Eva Prieto, entregaron no Desván »

O 00943, quinto premio, deixa case catro millóns de euros en cinco localidades galegas

O número 00943, agraciado co cuarto dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, repartiu case catro millóns de euros nas localidades da Coruña, Lalín »

A peonalización dunha parte da rúa Principal e da rúa Joaquín Loriga comeza este martes

Mañá, día 22 de decembro, comeza o proceso de peonalización de Lalín, co peche ao tráfico da rúa Principal e da totalidade da Joaquín Loriga. Hoxe, dende as 15.00 horas, comezaron a »

Lalín acollerá a VI Carreira do Cocido o 24 de xaneiro

O tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, presentou acompañado dos membros de Atletismo Deza, Olivier Munín e Nacho Couso, a VI Carreira do Cocido que »

Carlos Blanco, Daniel González Alén e Salvemos Catasós serán recoñecidos cos premios Lalinenses do Ano 2015

O xurado dos premios Lalinense do Ano 2015, reunido onte no concello, decidiu recoñecer por unanimidade as traxectorias do deportista Carlos Blanco, do cronista Daniel González Alén, e »

As entradas para asistir ao Cocido Solidario poñeranse á venda do público o vindeiro luns

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello, o Hotel Torre do Deza S.L e a Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais, »

Chamamento ao empadroamento para salvar a categoría de Lalín

O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo públicos hoxe os datos do padrón de habitantes pechados a 31 de decembro de 2014. A cifra de habitantes certificada agora dá un total de »

O Concello de Lalín iniciará o proceso de peonalización contando con apoio de veciños, comerciantes e hostaleiros

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, amosou hoxe a súa satisfacción polos resultados do encontro mantido onte pola noite con veciños, comerciantes e hostaleiros para ultimar os detalles »

O goberno lalinense presenta aos veciños a primeira área de compostaxe comunitario

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso e o Secretario Executivo de ADEGA, Fins Eirexas, mantiveron unha reunión con veciños e veciñas da zona do Regueiriño, para presentarlles »

Apertura do prazo para solicitar praza na primeira quenda do programa de termalismo social do Imserso

Os técnicos de Benestar Social do Concello de Lalín informaron que o prazo para presentar solicitudes para participar na primeira quenda do programa de termalismo social do Imserso »

Educación espera aos informes para tomar a “mellor decisión” para o alumno de Lalín con necesidades educativas especial

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou este mércores que o seu departamento intervirá no caso do menor de Lalín (Pontevedra) con necesidades educativas especiais cando »

Preséntase en Lalín o ‘Libro do Mal Amor: Haikus contra a violencia de xénero’ elaborado por alumnos e profesores do IES Laxeiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron hoxe na presentación do ‘Libro do Mal Amor: Haikus »

Nace Kanalla Coffee, un coletivo pioneiro para reivindicar o café de especialidade e a profesión do barista

A aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación oficial de Kanalla Coffee, unha orixinal e pioneira iniciativa de seis novos baristas galegos que buscan »

Os gandeiros realizan bloqueos a centros comerciais en Lalín

Gandeiros das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes iniciaron na tarde deste luns bloqueos aos centros comerciais de Eroski e LIDL en Lalín (Pontevedra) para denunciar que estas »

Apertura do prazo de inscrición para o roteiro do Castro de Sestelo que terá lugar o día 27

O prazo para apuntarse como participante no denominado Roteiro do castro de Sestelo, que se celebrará o día 27, está aberto dende hoxe. Como vén sendo habitual, as inscrición poden »

Comezan os traballos de instalación de pavimento de caucho reciclado no colexio de Prado

O alcalde de Lalín visitou esta mañá o colexio de Prado. Alí, Rafael Cuíña tivo a oportunidade de comprobar a evolución dos traballos que está a executar a brigada de obras para »

Os orzamentos do Concello de Lalín apostan pola creación de emprego e a recuperación económica en 2016

Os orzamentos municipais do Concello de Lalín para o vindeiro ano contemplan un incremento do 333 por cento nas partidas destinadas á promoción do emprego. Desta maneira pretende o »

O Concello de Lalín recorda que segue activo o prazo de doacións para a campaña solidaria ‘Ningún neno sen xoguete 2015’

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, recordou hoxe que o prazo de entrega de xoguetes para a campaña “Ningún Neno sen Xoguete 2015” permanece aberto ata o día 31 »

Os encontros veciñais nas parroquias co alcalde de Lalín pospóñense ata despois das elección do 20 de decembro

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, anunciou hoxe que os encontros veciñais nas parroquias que se veñen mantendo dende hai meses co obxectivo de coñecer as principais necesidades dos »

Cuíña considera unha mofa aos gandeiros a visita da Ministra de Agricultura a Lalín

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, considera que “a visita ao noso concello da ministra de Agricultura para participar nun acto do PP con gandeiros é unha auténtica mofa a todos os »

O Concello de Lalín acenderá este venres o alumeado de Nadal

O Concello de Lalín acenderá o alumeado de Nadal este venres, 11 de decembro, un acto que servirá para dar inicio simbólico á celebración das festas. A súa colocación permitirá encher »

Rafael Cuíña solicítalle ao ADIF a cesión ao Concello de diferentes propiedades para uso público e social

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, mantivo esta mañá en Madrid unha reunión coa xefa de área de seguimento e concertación da subdirección de Desarrollos Inmobiliarios y Obras do ADIF, »

O Concello de Lalín recórdalle aos clubs que está aberto o prazo para solicitar as axudas da deputación para material deportivo

O concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, recordou hoxe que se mantén aberto o prazo para solicitar as axudas da Deputación destinadas á adquisición de material deportivo por »

O Concello de Lalín contará cun espazo publicitario na fachada do antigo cine para informar da actividade cultural municipal

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa fundación Galicia Obra Social, pola que esta entidade lle cede ao Concello o uso da fachada principal »

O Concello de Lalín insta a Gas Natural a solventar os problemas das obras de adaptación da rede

O Concello de Lalín instou esta mañá á empresa Gas Natural a solucionar canto antes os problemas que están a provocar os traballos para adaptar a rede de canalización. Nalgúns casos, »

Cuíña asina a acta de recepción das obras da nova Biblioteca Municipal

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou hoxe a acta de recepción das obras da nova biblioteca municipal. Con este trámite administrativo -e unha vez que se recibiu o visto e prace por »

A Policía Local de Lalín xa dispón de dispositivos lectores de microchips caninos

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, entregou esta mañá no seu despacho un par de dispositivos detectores e lectores de microchips caninos ao xefe da Policía Local, Jesús »

Permanece aberto o prazo para apuntarse no roteiro de Zobra

O Concello de Lalín recorda que todos aqueles que desexen participar na segunda andaina organizada por Roteiros de Lalín, O sendeiro de Zobra, aínda poden inscribirse durante o día de »

Cuíña e Alonso reúnense co Seprona para demandar a implicación no control dos vertidos ilegais

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, a concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, e o técnico municipal, J.Manuel Méndez, reuníronse esta mañá no Concello con responsables do Servizo de »

A Deputación de Pontevedra organiza un proxecto de acción artística contra a Violencia de Xénero en 10 concellos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa deputada delegada de Igualdade, Isaura Abelairas, a comisaria da acción, Paula Cabaleiro, e as artistas participantes, »

Lalín recibirá medio millón de euros máis da Deputación cos novos criterios de reparto de fondos

Lalín recibirá o vindeiro ano un total de 1 millón 690 mil euros da Deputación provincial con cargo ao Plan de Concellos 2016. Esta cantidade supón unha achega de medio millón de euros »

Centos de veciños súmanse ao video da campaña para fomentar o empadroamento en Lalín

Centos de veciñas e veciños participaron no vídeo da campaña para fomentar o empadroamento en Lalín, unha iniciativa impulsada polo Goberno municipal co obxectivo de que o municipio »

O Concello de Lalín corta a circulación no último treito da avenida dos Olmos por motivos de seguridade

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e o concelleiro responsable de Rural, Miguel Medela,  anunciaron hoxe o peche ao tráfico do derradeiro tramo da Avenida dos Olmos, na parroquia de »

Concerto de clausura do primeiro encontro da banda do Grao Profesional do CMUS Profesional de Lalín

A sala “Tuno Valdés” do Auditorio Municipal de Lalín será testemuña este xoves ás 20:30 horas, do concerto de clausura do primeiro encontro da banda do Grao Profesional do CMUS »

O rexedor lalinense felicita á Deputación polos novos criterios para o reparto dos fondos provinciais

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, quixo felicitar hoxe á Deputación de Pontevedra polos novos  criterios que vai empregar organismo provincial para o reparto de fondos entre os »

O Concello de Lalín renova o convenio con Aspadeza para reforzar a integración e a atención ás persoas con discapacidade psíquica

O Concello de Lalín vén de renovar o convenio de colaboración con Aspadeza, polo que se establece unha achega de 7.000 euros para o desenvolvemento de diferentes actividades que »

Roteiros de Lalín abre o prazo de incrición para a segunda andaina que discorrerá o día 22 polos montes de Zobra

A iniciativa de turismo activo e saudable, Roteiros de Lalín, posta en marcha polo Concello en colaboración con  voluntarios e voluntarias que participan na organización da actividade, »

Lalín convértese na capital da innovación do rural

Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer rural e pensalo é o obxectivo do encontro, que xurde como un espazo de discusión critica que nos permita »

Cuíña anuncia a recuperación dos muíños a longo prazo

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña visitou esta mañá acompañado do xefe da Brigada Municipal de Obras, Ramón Galego, un dos muíños do Paseo do Pontiñas, en concreto o situado na zona do »

Medio Rural convocou aos veciños da parcelaria de Vilatuxe para informalos das obras que se van realizar nas súas propiedades

A Consellería do Medio Rural convocou hoxe os veciños da parroquia de Vilatuxe, en Lalín, para informalos das obras que se van realizar nas súas propiedades. Neste caso, seguindo o »

O Concello de Lalín anima a inscribirse no programa de promoción do envellecemento activo `Xuntos polo Nadal´

O Concello de Lalín anima ás persoas maiores do municipio a inscribirse no programa de envellecemento activo `Xuntos polo Nadal´. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política »

O Concello de Lalín solicita novas paradas de bus escolar

O Concello de Lalín vén de solicitar dúas novas paradas de bus escolar na periferia do núcleo urbano do municipio. Unha delas estaría situada na rúa Corredoira, á altura do número 59, e »

A brigada de obras de Lalín acomete desbroces e tarefas de eliminación de vertedoiros

Membros da brigada de obras de Lalín desprazáronse esta mañá ata o lugar situado en A Borralla, na parroquia de Prado, no que ata o día de hoxe se atopaba un vertedoiro incontrolado »

Lalín felicita a Carlos Blanco pola prata conseguida no Campionato do Mundo de Fisioculturismo

O Goberno de Lalín transmite a súa felicitación ao deportista lalinense Carlos Blanco polo seu éxito no Campionato do Mundo de Fisioculturismo disputado en Benidorm no que se fixo co  »

O alcalde lalinense visita o IES Ramón María Aller Ulloa

O alcalde de Lalín visita as instalacións do Instituto Ramón María Aller Ulloa. Acompañado do equipo directivo, Rafael Cuíña coñeceu de primeira man as principais necesidades da »

O Concello de Lalín comeza a acondicionar as casas dos mestres do Manuel Rivero

O tenente de alcalde e concelleiro responsable de Urbanismo, Nicolás González Casares, visitou hoxe as antigas casas dos mestres do colexio Manuel Rivero para comprobar o seu estado e »

Cuíña visita as empresas cárnicas do municipio

O alcalde de Lalín realizou visitas ás empresas "Embutidos Lalinense" e "Embutidos Nilo e José Antonio". O obxectivo destas visitas era facer patente o apoio do Goberno e do conxunto »

Lalín contra a violencia de xénero

Esta mañá despregouse na fachada do Concello de Lalín unha faixa co lema “non á violencia”, que foi colocada con motivo da celebración mañá en Madrid da marcha contra a violencia de »

Apertura do proceso de primarias abertas de IpU

Ábrese o proceso de PRIMARIAS ABERTAS de IpU, o cal se desenvolve por primeira vez no noso País e onde todas as persoas rexistradas no sitio web polaunion.gal (case 6000 en toda Galiza) »

‘Os Axóuxeres’ conclúe a súa xira con catro funcións en distintas localidades

A nova edición do programa de dinamización lingüística ‘Os Axóuxeres’, que ten como obxectivo promover o uso do galego e a súa transmisión interxeracional nas familias novas con bebés e »

O Pazo de Liñares acollerá o domingo “O encontro dos axóuxeres”

O Espazo Liñares Museo Galego da Marioneta acolle o domingo, día 8 de novembro ás 18.30 horas, “O encontro dos axóuxeres”, unha actividade lúdica organizada pola Rede de Dinamización »

O goberno de Lalín demándalle medidas urxentes á Xunta para garantir que a vacina contra a meninxite B chegue a toda a cidadanía

A recente morte dun cativo na localidade de Boiro a causa da meninxite B reabriu o debate sobre a necesidade de que se tomen medidas urxentes que garantan a dispoñibilidade para toda a »

Lalín inicia as actuacións para a rexeneración do paseo do Pontiñas

Lalín conta cun abundante patrimonio natural. Lugares como a serra do Candán, as fragas de Catasós ou o río Deza son parte da nosa riqueza ambiental, pero tamén conforman a nosa »

Na última campaña recolléronse máis de 63 toneladas de plásticos agricolas en Lalín

A última campaña de recolección de materiais plásticos de uso agrícola xestionada pola empresa Simas S.L, en colaboración coas concellerías de Medio Ambiente e Actividade Gandeira,  deu »

Teléfonos de interese


Concello:


986 787 060


Policía local:


986 784 444


Protección civil:


986 787 161


Servizos Sociais:


986 780 014


Garda Civil:


986 787 119


Garda Civil de Tráfico:


986 780 203


Correos:


986 780 428


Centro de Saúde:


986 780 085


Museo Municipal:


986 784 004


Centro de Información á Muller:


986 787 060


Centro Social da Terceira Idade:


986 781 179


www.lalin.org


Máis información [+]