Lalín contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Despregue da faixa

Despregue da faixa

Esta mañá despregouse na fachada do Concello de Lalín unha faixa co lema “non á violencia”, que foi colocada con motivo da celebración mañá en Madrid da marcha contra a violencia de xénero. Na disposición da pancarta participou o alcalde, Rafael Cuíña, xunto coa concelleira de Muller e Igualdade, Celia Alonso, e técnicos municipais do departamento de Igualdade.

Neste senso, a propia concelleira destacou o “éxito absoluto” da resposta da cidadanía lalinense á chamada á participación na mobilización de mañá, pois anunciou que se desprazarán a Madrid dende Lalín 25 persoas no bus posto a disposición pola Deputación de Pontevedra. Alonso explicou que se cubriron así todas as prazas dispoñibles para este concello e “que de haber máis, seguiríase sumando xente”.

O bus partirá esta noite ás 23.30 da estación de autobuses de Lalín e, unha vez remate a marcha regresará dende a capital do Estado. Saúdos.

6 de novembro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.