publicidade hoxe

A brigada de obras de Lalín acomete desbroces e tarefas de eliminación de vertedoiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Desbroce en Zobra

Desbroce en Zobra

Membros da brigada de obras de Lalín desprazáronse esta mañá ata o lugar situado en A Borralla, na parroquia de Prado, no que ata o día de hoxe se atopaba un vertedoiro incontrolado para eliminar o depósito ilegal de lixo, nunha acción que se enmarca dentro do proxecto que o Concello puxo en marcha para a detección e erradicación deste tipo de basureiros. Este é o segundo punto de contaminación que se elimina, tras procederse días atrás á limpeza do existente na parroquia de Zobra. A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, fixo fincapé de novo en que “o proceso de retirada de vertidos será longo, complexo e custoso”, debido á gran cantidade deles localizados e ás dificultades loxísticas que entraña a súa limpeza.

Por outro lado, a brigada de obras comezou a desbrozar esta mañá a pista que une Zobra con O Ameixedo, un traballo que foi supervisado polo concelleiro de Rural, Miguel Medela. Así mesmo, limparon pistas na Cima do Alle, na parroquia de Filgueira, bachearon camiños en Celemín e continuaron os traballos de mantemento no Paseo do Pontiñas.

9 de novembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.