Lalín acollerá a VI Carreira do Cocido o 24 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLalín
A-
A+
Presentación da Carreira do Cocido

Presentación da Carreira do Cocido

O tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, presentou acompañado dos membros de Atletismo Deza, Olivier Munín e Nacho Couso, a VI Carreira do Cocido que se celebrará o 24 de xaneiro en Lalín.

Nesta edición, a organización decidiu trasladar a proba ao centro da vila. En concreto, tanto a meta como a saída estarán no entorno da Praza da Vila. Con isto preténdese atraer xente ao centro de Lalín e dinamizar a actividade no casco urbano.

Ás 11.00 horas dará saída a carreira absoluta, que terá un percorrido de 10 quilómetros. Posteriormente irán dando saída as demais probas base. Os participantes na categoría chupete correrán 100 metros, os da categoría pitufo 200, os prebenxamíns e benxamíns 800 e os alevíns e cadetes 1.200. 

As inscricións pódense realizar a través da páxina web, www.emesports.com a un prezo de 6 euros, sendo totalmente gratuíto para nenos e nenas.

21 de decembro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.