publicidade hoxe

Desbordamento do regato Mosqueiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita á zona asolagada

Visita á zona asolagada

O alcalde de Lalín visitou esta mañá o lugar da Laxe, na parroquia de Bendoiro, para comprobar sobre o terreo os problemas que está a causar o desbordamento do regato Mosqueiros. Rafael Cuíña reuniuse con algúns dos veciños afectados polos asolagamentos que, en ocasións, na época de choivas chegan a afectar a algunha vivenda da zona ou ao albergue de peregrinos. O rexedor comprometeuse cos afectados a que o Concello emprenderá e axilizará todas as xestións necesarias para solventar este problema no menor prazo de tempo posible. Cuíña lamentou “a desidia do anterior Goberno con respecto a este problema, sobre o que non se fixo absolutamente nada a pesar de que se repite dende hai anos, e recordou que os técnicos municipais están a ultimar o informe técnico que se remitirá canto antes a Augas de Galicia -o organismo competente para autorizar a solución a este asunto.

8 de xaneiro de 2016 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.