publicidade hoxe

Os gandeiros realizan bloqueos a centros comerciais en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Gandeiros das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes iniciaron na tarde deste luns bloqueos aos centros comerciais de Eroski e LIDL en Lalín (Pontevedra) para denunciar que estas distribuidoras se están enriquecendo”, mentres os produtores “están a perder moito diñeiro”.

Diso informou o secretario de Gandaría de UPA, Román Santalla, que conta cunha explotación gandeira en Lalín, e apunta que prevén levar a cabo esta acción reivindicativa de forma “indefinida” ata que estes hipermercados fagan chegar as subidas “de cinco e seis céntimos” que aplican aos consumidores aos produtores e informen sobre a procedencia do seu leite, que agora “ocultan”.

Até a Rúa do Areal, na que se atopan tanto o centro comercial Deza de Eroski como LIDL desprazáronse gandeiros con algunhas decenas de tractores para levar a cabo esta acción reivindicativa.

Neste sentido, Santalla explica que aínda que os consumidores poden acceder a pé aos establecementos, os gandeiros centran o seu bloqueo nas zonas de carga e descarga para que non poidan entrar nin saír camións para o abastecemento dos hipermercados.

Pola súa banda, nas localidades lucenses de Monforte, Sarria e Vilalba os gandeiros da zona mantiveron encontros este luns para abordar diversas actuacións contra a distribución que prevén levar a cabo en próximas xornadas.

14 de decembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.