publicidade hoxe

Educación espera aos informes para tomar a “mellor decisión” para o alumno de Lalín con necesidades educativas especial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou este mércores que o seu departamento intervirá no caso do menor de Lalín (Pontevedra) con necesidades educativas especiais cando teña no seu poder os informes que están a realizar os departamentos de Orientación e Inspección Educativa, que determinarán cal é a “mellor decisión” neste caso.

En declaracións aos medios en Santiago, Rodríguez recoñeceu que se trata dunha “cuestión moi sensible”, na que hai que traballar con moito mimo”, xa que entran en xogo “nenos moi pequenos” e cuestións que “afectan á intimidade das familias e dos menores”.

Educación está a estudar o caso deste menor, escolarizado no CEIP Manuel Rivero de Lalín (Pontevedra), tras as protestas dun grupo de pais que hai días decidiron non levar aos seus fillos a clase para reclamar o traslado do alumno, con necesidades educativas especiais, a outro centro.

Neste sentido, Román Rodríguez comprometeuse a tomar “a decisión que sexa necesaria” unha vez que coñeza a recomendación dos informes que se están a elaborar, aínda que rexeitou poñer prazo a esta comunicación.

Ao mesmo tempo, recordou que a “obriga” do seu departamento é compatibilizar a necesidade de “fomentar un ensino inclusivo” e de “valorar as concrecións de cada caso”.

16 de decembro de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.