O Concello de Lalín recorda que segue activo o prazo de doacións para a campaña solidaria ‘Ningún neno sen xoguete 2015’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, recordou hoxe que o prazo de entrega de xoguetes para a campaña “Ningún Neno sen Xoguete 2015” permanece aberto ata o día 31 de decembro. O edil fixo un novo chamamento á colaboración da cidadanía nesta iniciativa solidaria, que ten como obxectivo entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social do municipio e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade.

Aquelas persoas que queiran unirse á campaña poderán aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar, roupa etc. Os puntos de recollida establecéronse no Desván municipal (rúa Manuel Rivero, nº 5, Baixo), cada xoves durante o seu horario habitual de atención ao público,  así como nos centros educativos e centros comerciais da vila.

Durante todo o mes de decembro estase levando a cabo á selección de agasallos xa depositados segundo o seu estado de uso, reutilizándose a aqueles que están en bo estado e e reciclándose aqueles que non. Por último, asignaránselle os agasallos a cada menor de cada unidade familiar seleccionada polos técnicos de Benestar Social , procedendo á entrega dos mesmos o día 5 de xaneiro, coincidindo co día de Reis. 

9 de decembro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.