Cuíña visita as empresas cárnicas do municipio

Visita a Embutidos Lalinense e Embutidos Nilo e José Antonio
O alcalde de Lalín realizou visitas ás empresas “Embutidos Lalinense” e “Embutidos Nilo e José Antonio”. O obxectivo destas visitas era facer patente o apoio do Goberno e do conxunto do Concello de Lalín ao sector cárnico -un dos máis importantes do municipio- tras a situación de alarma xerada polas consideracións realizadas a semana pasada pola OMS, relativas aos efectos na saúde do consumo de carne. Consciente do prexuízo que este tipo de manifestacións poden ocasionar sobre “a actividade e as vendas dun sector moi importante do noso tecido económico e empresarial”, o rexedor quixo “poñer en valor o papel destas empresas e, sobre todo, as enormes garantías que ofrecen os seus productos, que na súa elaboración siguen os máis estrictos controis de calidade”. O apoio do Concello ao sector cárnico realízase despois de que se plantease esta necesidade no pleno do pasado mes de outubro.











