publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para o roteiro do Castro de Sestelo que terá lugar o día 27

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O prazo para apuntarse como participante no denominado Roteiro do castro de Sestelo, que se celebrará o día 27, está aberto dende hoxe. Como vén sendo habitual, as inscrición poden formalizarse a través da páxina web municipal, www.lalin.gal, onde tamén se pode atopar toda a información sobre a ruta. Trátase do terceiro percorrido da iniciativa de turismo saudable, Roteiros de Lalín, que dende que comezou a funcionar no mes de outubro está gozando de gran aceptación entre a cidadanía.

O percorrido principal da andaina é lineal, de baixa dificultade e  cunha distancia total de 11 quilómetros. A concentración previa á saída estableceuse na Praza da Igrexa ás 9.30 horas. O paseo durará unhas 4 horas e darase a posibilidade de regresar en autobús. O roteiro vén cheo de paisaxes singulares, sorpresas e lugares cargados de significación histórica, como pazos castros ou carballeiras. Entre outros puntos de interese visitarase o Quilómetro 0, o Paseo do Pontiñas, as aldeas de Carballude, Valiñas, e O Requeixo, así como o Río Asneiro e o Castro de Sestelo.

Tamén existe a opción de realizar un percorrido longo, de 16 quilómetros e dificultade media. Para participar na andaina aconséllase levar calzado de monte, roupa de abrigo e chuvasqueiro, ademais avituallamento tanto sólido como líquido. 

14 de decembro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.