publicidade hoxe

Substitúense as luminarias da rúa Molinera por outras de menor consumo enerxético

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, anunciou esta mañá que o Concello deu por rematados  os traballos de substitución da luminarias da rúa Molinera. O proxecto levouse a cabo con fondos procedentes dunha baixa da Deputación duns 3.600 euros, que era obrigatorio investir en lugares con actuacións previas. Deste xeito, en total foron 23 as lámpadas que se cambiaron na rúa citada, que funcionan mediante o sistema de iluminación led.

González Casares explicou que as novas luminarias teñen grandes vantaxes con respecto ás anteriores, posto que “reducen considerablemente o consumo enerxético, pero manteñen unha perfecta luminosidade cara a rúa, diminuíndo, non obstante, a contaminación lumínica cara o ceo”. 

Praza para persoas con discapacidade

Por outra banda, González Casares achegouse á rúa Pintor Laxeiro para supervisar os traballos de pintado dunha praza de aparcamento para persoas con discapacidade na intersección deste vieiro coas rúas Joaquín Loriga, Molinera e Avd. de Bos Aires. Tal e como explicou o responsable de Urbanismo, a disposición desta praza xustificase pola necesidade de contar na zona cun lugar no que as persoas con diversidade funcional poidan estacionar sen problema cando a rúa Joaquín Loriga permanece peonalizada. 

19 de xaneiro de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.