Apertura do prazo para solicitar praza na primeira quenda do programa de termalismo social do Imserso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Os técnicos de Benestar Social do Concello de Lalín informaron que o prazo para presentar solicitudes para participar na primeira quenda do programa de termalismo social do Imserso estará aberto ata o 11 de xaneiro de 2016. Pola súa parte, para a segunda, o prazo estará activo  ata o 11 de maio. A primeira quenda desenvolverase gradualmente entre os meses de febreiro e agosto, ambos inclusive, e a segunda entre os de setembro e decembro.

Poderán participar no programa de termalismo as persoas de nacionalidade española que sexan pensionistas por xubilación, por incapacidade permanente ou por viuvedade. Ademais, os solicitantes non poderán padecer alteracións de comportamento nin enfermidades transmisibles por contaxio. Tamén deberán valerse por si mesmo para a vida diaria ou carecer de contraindicacións medicas. Así mesmo, poderán ser adxudicatarios de prazas como acompañante, os cónxuxes, ou parellas de feito das persoas adxudicatarias. Se a tempada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o Imserso remitiralle por correo o modelo simplificado para a renovación da solicitude. Se accede por primeira vez ao programa deberá formalizar unha nova solicitude co correspondente informe médico.

As estancias terán unha duración de 12 ou 10 días cada unha e realizaranse en réxime de pensión completa. O Imserso contribuirá mediante unha achega media directa ao establecemento termal de 170,63euros. 

16 de decembro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.