“Ningún neno sen xoguete” en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Lotes que se entregan na campaña solidaria

Lotes que se entregan na campaña solidaria

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, e a traballadora social municipal cordinadora da campaña “Ningún neno sen xoguete”, Eva Prieto, entregaron no Desván municipal lotes de agasallos a 101 familias con baixos recursos do Concello ás que pertencen 158 menores.

Nos últimos días fóronse recollendo as doazóns solidarias nos diferentes stands espallados por varios puntos da vila, a través dos que se recadaron centos de quilos de xoguetes, material escolar, roupa etc. Esta iniciativa social non sería posible sen a colaboración desinteresada dos 20 voluntarios e voluntarias que participaron nas tarefas de transporte, selección, clasificación, empaquetado e entrega do material. González Casares mostrou o agradecemento en nome do Goberno cara estas persoas, ao tempo que amosou gratitude e recoñecemento a todas e todos os lalinenses que realizaron achegas e, en especial, aos diferentes colectivos, iniciativas e entidades que a continuación se relatan, e que fixeron posible que ningún neno se quedase sen xoguetes este nadal.

5 de xaneiro de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.