publicidade hoxe

A Policía Local de Lalín xa dispón de dispositivos lectores de microchips caninos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Entrega dos dispositivos

Entrega dos dispositivos

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, entregou esta mañá no seu despacho un par de dispositivos detectores e lectores de microchips caninos ao xefe da Policía Local, Jesús Cuñarro. Aínda que en Lalín existe un regulamento canino que agora quedará englobado dentro da nova ordenanza medio ambiental, a Policía non contaba con ningún mecanismo para a identificacións dos cans. Con esta adquisición por parte do Concello, o corpo de seguridade municipal quedará dotado das ferramentas necesarias para controlar e identificar as mascotas, mellorando así a convivencia e a seguridade cidadá.

Alonso recordou que “a lei obriga a ter marcados os cans”, engadindo, ao mesmo tempo, que “este mecanismo de rexistro é de gran utilidade, por exemplo no caso de perderse unha mascota, xa que permitiría a súa rápida identificación e devolución ao seu propietario”. A concelleira chamou á concienciación da cidadanía á hora de cumprir a normativa canina “polo ben de todos e todas” e finalizou indicando “que a Policía actuará con pedagoxía e informando aos veciños e veciñas á hora de empregar os dispositivos”.

19 de novembro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.