publicidade hoxe

Roteiros de Lalín abre o prazo de incrición para a segunda andaina que discorrerá o día 22 polos montes de Zobra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A iniciativa de turismo activo e saudable, Roteiros de Lalín, posta en marcha polo Concello en colaboración con  voluntarios e voluntarias que participan na organización da actividade, celebra o próximo domingo, día 22 de novembro a segunda andaina. Nesta ocasión, a ruta discorrerá polo entorno da parroquia de Zobra, atravesando a Serra do Candán, un dos tesouros naturais de Lalín. O prazo de inscrición para asistir pódese formalizar dende mañá no apartado de turismo da páxina web do Concello: www.lalin.org.

A andaina, que comenzará nun punto común de partida, abrirá no seu tramo final dúas posibilidades de percorrido de diferentes dificultades polas que poderán optar os participantes. Así, a ruta terá unha distancia aproximada de entre 14 e 15 quilómetros, en consecuencia da opción elixida para rematar o itinerario, e será, en xeral, de dificultade media.

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares, animou á cidadanía a participar  no roteiro, que pretende igualar, canto menos, o éxito da primeira andaina celebrada no mes de outubro. Casares fixo referencia á “inigualable riqueza natural que esconde a Serra do Candán”, que segundo explicou, “non deixará indiferente a ningún dos asistentes”. Así mesmo, sinalou que “esta ruta mantén unha especial importancia para o Goberno de Lalín, que ten entre os seus obxectivos fomentar e dar a coñecer a Serra do Candán a través de diferentes iniciativas que contribúan á súa posta en valor e xeren desenvolvemento e riqueza”. Para finalizar, quixo agradecer a colaboración desinteresada de todos e todas as voluntarias que participan na articulación do roteiro. 

11 de novembro de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.