publicidade hoxe

Cuíña anuncia a recuperación dos muíños a longo prazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Cuíña na visita ao muíño

Cuíña na visita ao muíño

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña visitou esta mañá acompañado do xefe da Brigada Municipal de Obras, Ramón Galego, un dos muíños do Paseo do Pontiñas, en concreto o situado na zona do auditorio. Coincidindo coa inspección, o rexedor anunciou que “a longo prazo, cando haxa capacidade orzamentaria, trataremos de proxectar un plan de recuperación dos muíños, que en Lalín temos moitos e bos”, explicou. O obxectivo é tratar de artellar unha ruta turística que percorra tanto os do Pontiñas como os dispostos noutros ríos e regatos que se poidan rehabilitar.

De tódolos xeitos e, a máis curto prazo, Cuíña anunciou un posible proxecto de recuperación para o muíño visitado hoxe. Concretamente explicou que o Goberno de Lalín “valorará a posibilidade de recuperalo para darlle un novo uso como centro de información e interpretación da fauna e da flora do sendeiro fluvial”. 

10 de novembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.