publicidade hoxe

Lalín felicita a Carlos Blanco pola prata conseguida no Campionato do Mundo de Fisioculturismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Goberno de Lalín transmite a súa felicitación ao deportista lalinense Carlos Blanco polo seu éxito no Campionato do Mundo de Fisioculturismo disputado en Benidorm no que se fixo co  subcampionato do mundo na sección de ata 100 quilos.

O tenente de alcalde e concelleiro delegado de Deporte, Nicolás González Casares, destacou “o fito histórico que significa para o culturismo e o deporte galego en xeral  que un dos seus deportistas alcance este recoñecemento, que de seguro serve de punto de inflexión para acadar no futuro novos triunfos”. Para Casares Carlos Blanco é “ un orgullo para Lalín e todo un exemplo de loita sacrificio e superación na persecución dunha meta”, polo que o considera “un espello no que calquera persoa, sexa deportista ou non, pode mirarse”.

9 de novembro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.