O alcalde lalinense visita o IES Ramón María Aller Ulloa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita polas instalacións do centro

Visita polas instalacións do centro

O alcalde de Lalín visita as instalacións do Instituto Ramón María Aller Ulloa. Acompañado do equipo directivo, Rafael Cuíña coñeceu de primeira man as principais necesidades da comunidade educativa. O rexedor comprometeuse a poñer á súa disposición un equipo da Brigada de Obras para a construcción de varias rampas para mellorar a accesibilidade do centro para as persoas con mobilidade reducida. Ao mesmo tempo Cuíña amosou a disposición a iniciar os contactos e trámites precisos para mellorar a conectividade a Internet nesa zona da vila, onde se rexistran problemas. Desta maneira tamén se podería mellorar o servizo no edificio do Conservatorio e na Gardería.

6 de novembro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.