publicidade hoxe

As entradas para asistir ao Cocido Solidario poñeranse á venda do público o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello, o Hotel Torre do Deza S.L e a Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais, (Aranes), a través do que se organizará, con motivo da celebración da XLVIII Feira do Cocido, o denominado Cocido Solidario 2016, que substituirá á anterior comida oficial. Coa celebración deste evento, o Concello de Lalín pretende recadar fondos con fins solidarios aos efectos de destinalos ás distintas asociacións sen ánimo de lucro do municipio e así colaborar no cumprimento de accións sociais, unha das prioridades do Goberno local.

Na presente edición do Cocido, os fondos doados solidariamente polos cidadáns irán destinados á asociación Aranes, que ten entre os seus obxectivos a defensa da dignidade e dos dereitos dos nenos/as e dos mozos/as con discapacidade, así como brindarlle apoio ás súas familias para mellorar a súa calidade de vida e a súa integración social.

A asistencia ao Cocido Solidario 2016 estará aberta ao público en xeral. A participación na comida realizarase previa adquisición da correspondente entrada, que se poñerán a venda a partir do luns día 21, por un prezo de 38 euros. Desta cantidade, 33 euros irán destinados ao pago do prato e 5 serán destinados a modo  de donativo solidario en favor de Aranes. Os vales poderán adquirirse directamente nas dependencias do Concello de Lalín, así como nas do Hotel Torre do Deza e na sede da Asociación de Empresarios do Deza (AED). Así mesmo, poderanse comprar mediante o ingreso directo dos 38 euros na conta bancaria de La Caixa, con número 2100 1838 59 0200129646, da que é titular Torre do Deza.

Tamén haberá unha fila cero.  Todas aquelas persoas que desexen realizar un donativo solidario Á asociación ARANES, sen asistir ao Cocido Solidario, poderán facelo mediante ingreso directo do donativo na conta de ABANCA, número 2080 0503 91 3040028313.

O prazo para facerse cunha entrada rematará o próximo 26 de xaneiro. O aforo máximo é de 345 persoas. A cesión do importe recadado realizarase nun acto público ao que asistirán os representantes do Concello e das demais entidades asinantes. 

18 de decembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.