publicidade hoxe

Comeza o reparto de entradas para asistir á Gala da Gastronomía de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Mañá, martes día 26 de xaneiro, dará comezo o reparto de invitacións para acudir á Gran Gala da Gastronomía de Galicia, que se celebra o próximo venres día 29 ás 20.30 horas, no Abanca Lalín Arena, retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.

As entradas estarán a disposición do público dende as 08.00 ás 15.00 horas no consistorio lalinense. Poderán recollerse ata o venres no horario citado, a modo de dúas por persoa ata completar o aforo do multiusos deportivo.

Na Gala actuarán, entre outros artistas, a cantannte Soraya, os grupos Toreros Muertos, La Década, ou Cantores de Híspalis. Tamén estarán Linho do Cuco, Pandeiromus ou Maisquedanza.

25 de xaneiro de 2016 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.