publicidade hoxe

O autocar do Cocido en Ruta chega a Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínPontevedra
A-
A+
Chegada do autocar a Pontevedra

Chegada do autocar a Pontevedra

O autocar do Cocido en Ruta, que está a levar alí por onde vai as excelencias do prato insignia de Lalín, chegou hoxe á cidade de Pontevedra onde foi recibido con enorme expectación polas súas xentes. O food truck estacionou na Praza de España, xusto diante do concello, nun dos espazos máis céntricos, visibles e emblemáticos da urbe, despertando unha enorme atracción social e mediática. Os pontevedreses achegáronse masivamente ao restaurante sobre rodas para degustar as tapas que hoxe elaboraron os cociñeiros Alex Iglesias, do Restaurante Cabanas e Luís Alberto Guerreiro do Restaurante-Pensión Las Palmeras.

O Concello de Pontevedra, e o seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, proporcionáronlle un recibimento excepcional á expedición lalinense, que se achegou encabezada polo alcalde, Rafael Cuíña e polo concelleiro Francisco Vilariño. Cuíña agradeceu o bo trato da cidade e a colaboración institucional, e dixo agardar “que moitos pontevedreses se acheguen a Lalín o día 31, ou calquera outro día do Mes do Cocido”. Pola súa parte, Lores avogou porque “Lalín e Pontevedra manteñan unha estreita relación” e exaltou as cualidades do Cocido de Lalín, indicando “que se trata do prato que mellor reflicte a esencia dos produtos do noso sector primario”, ao tempo que animou a todos os pontevedreses a desprazarse a Lalín para comer un cocido, “pero sen chegar a perder o coñecemento”. 

20 de xaneiro de 2016 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.