O Concello de Lalín insta a Gas Natural a solventar os problemas das obras de adaptación da rede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Concello de Lalín instou esta mañá á empresa Gas Natural a solucionar canto antes os problemas que están a provocar os traballos para adaptar a rede de canalización. Nalgúns casos, estas actuacións deixaron a algúns veciños sen servizo e sen auga quente, polo que trasladaron as súas queixas aos responsables municipais.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña,  púxose en contacto esta mañá coa directora xeral de Gas Natural en Galicia para comunicarlle os inconvenientes que está a ocasionar as actuacións e pedirlle medidas para que os problemas de abastecemento de gas se solucionen no prazo de tempo máis breve posible. Tras manter esta conversa, o rexedor quixo salientar a boa disposición da empresa a poñer fin a estas incomodidades. Ao mesmo tempo Rafael Cuíña agradeceu a competencia e celeridade da directora da compañía Gas Natural en tratar de solucionar esta situación.

19 de novembro de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.