publicidade hoxe

Concellos de

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
San Sadurniño

Arranca a Aldea de Verán en San Sadurniño

Xogar mentres se aprende, aprender mentres se xoga... como se queira. Esa é a esencia da Aldea de Verán que esta mañá iniciou unha nova edición. Iso e, ademais, ofrecerlles ás familias »

San Sadurniño intégrase nun proxecto europeo para mellorar a empregabilidade dos xóvenes que nin estudan nin traballan

"Enhancing Competences to Meet Young,s NEETs Needs" é o título xeral dunha iniciativa na que están implicadas institucións e entidades privadas de Italia, Grecia, Romanía, Polonia e, »

Os novos alcaldes do norte reúnense en San Sadurniño para coñecer o proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal

Os alcaldes de San Sadurniño, Cerdido, Valdoviño, Ortigueira, Cariño e Cedeira e a alcaldesa de Moeche déronse cita esta tarde no antigo Pazo da Marquesa para coñecer polo miúdo o »

Lois Patiño filma o teaser do seu próximo proxecto audiovisual en Ferreira

"Movemento vertical", ese é o título provisional dun dos proxectos nos que anda traballando o realizador vigués Lois Patiño. Coñecido -e premiado- internacionalmente por traballos como »

O pleno de San Sadurniño aproba a entrada nas mesas de contratación dos grupos da oposición

O primeiro pleno municipal trala toma de posesión da nova corporación serviu para dispoñer o funcionamento da institución durante os próximos catro anos. A periodicidade das sesións, »

Festa fin de curso da Escola Infantil Municipal de San Sadurniño

Os nenos nenas da EIM de San Sadurniño celebraron esta mañá a súa festa de fin de curso con música e baile para os papás e mamás. Para a cativería da unidades de cero a dous anos será »

Máis dun centenar de postos inscritos no mercado local de San Sadurniño deste domingo

O primeiro mercado local do verán celebrarase este domingo nos xardíns municipais cun cento de postos entre os que venderán produtos alimentarios, artesanía e artigos de segunda man. »

San Sadurniño celebrará o venres o pleno de organización do Concello

11 puntos compoñen a orde do día da sesión extraordinaria do pleno convocada para a tardiña do venres. Un pleno no que se establecerá o funcionamento dos distintos órganos municipais »

San Sadurniño recibe 123 comunicacións para as fogueiras do San Xoán

O rexistro municipal recolleu nos últimos días un total de 123 comunicacións previas para as tradicionais "saltas" do San Xoán. Moitas delas son para hoxe, porén hai quen adiou a »

Talabarte trae á Casa do Concello de San Sadurniño “Ao son da cociña. Music and food experience”

Este domingo 28 volve haber mercado local en San Sadurniño. Unha cita á que a partir de agora o Concello lle quere engadir actividades paralelas coas que aproveitar o tirón que ten xa »

As mulleres dos obradoiros de memoria e de ximnasia para maiores celebran un encontro ao pé do Xuvia

56 mulleres -e algún home tamén- dos obradoiros de ximnasia para persoas maiores e de memoria activa xuntáronse o venres á tarde á beira do Xuvia para facer varias actividades. Ao xeito »

Ministerio de Facenda e Concello de San Sadurniño ratifican a cesión á Garda Civil dunha parte da antiga casa consistorial

A Garda Civil iniciará en breve o acondicionamento das que serán as súas novas instalacións en San Sadurniño, situadas nunha parte da antiga Casa do Concello. Trátase de traballos »

Bádminton, sendeirismo, cociña e un obradoiro de adestramento de cans en “Venres en Sansa!”

O programa de lecer alternativo para a mocidade "Venres en Sansa!" completará este venres o seu calendario de tres xornadas ofrecendo de novo catro opcións coas que encher o tempo dun »

Un equipo de San Sadurniño prepárase para a Gladiator Race de Santiago

"Se non sofres, non ganas", ese é o lema da Gladiator Race que se celebra o 27 de xuño en Santiago. Serán 9 quilómetros de trazado con ata 26 obstáculos, uns naturais e outros »

San Sadurniño ofrecerá durante o verán cursos de natación e ximnasia na auga

Encaramos o verán con pouco sol e vento desapacible. Porén, as previsións meteorolóxicas anuncian que a cousa empezará a mellorar nos próximos días. Quen poida estreará a praia, o río »

Cuberta a totalidade das prazas para xullo na Aldea de Verán de San Sadurniño

O programa socieducativo Aldea de Verán que se desenvolverá durante as vacacións escolares en dúas quendas ten completas as prazas correspondentes ao mes de xullo. Presentáronse un »

O novo cinema galego, o ciclismo e o kickboxing protagonizaron “Venres en Sansa!”

Esta fin de se mana foi intensa en canto a actividade en San Sadurniño. Tivemos a toma de posesión da corporación, houbo ximnasia rítmica e bicicleta por partida dobre. E é que o »

Secundino García volve ser reelixido alcalde de San Sadurniño

San Sadurniño celebrou este mediodía o pleno de constitución do Concello para os próximos catro anos. Secundino García foi reelixido alcalde nunha sesión marcada pola afluencia de »

Concello de San Sadurniño e Edinan ofrecen un curso de iniciación ao portugués

Cando se fala con linguas con proxección de futuro sempre nos veñen á cabeza o inglés, o alemán, o chinés ou o castelán. Pero poucas veces reparamos en que o portugués é unha lingua »

Un centenar de cativos participarán o domingo no I Torneo de ximnasia rítmica Brío

San Sadurniño estréase este domingo nas competicións de ximnasia rítmica a través do torneo que organiza a asociación Brío. Hai 9 equipos inscritos -con participantes nas categorías de »

A ximnasia e o ciclismo centran a axenda deportiva do domingo en San Sadurniño

O Concello e o clube Biela e Chaveta organizan para este domingo 14 de xuño a decimosegunda edición da Roda cicloturista. Un evento aberto a toda a familia que sairá do colexio público »

Alfonso Zarauza presenta o seu filme “Os Fenómenos” en San Sadurniño

A segunda xornada do espazo "Venres en Sansa!" arrancará coa proxección do filme Os Fenómenos, dirixido por Alfonso Zarauza. A fita foi unha das grandes triunfadoras dos últimos premios »

A nova corporación municipal de San Sadurniño tomará posesión este sábado

Este 10 de xuño de 2015 celebrouse o derradeiro pleno do mandato corporativo 2011-2015. Foi unha sesión breve xa que só se incluía na orde do día a aprobación da acta do pleno do pasado »

“Tempos para compartir” pecha temporada en Santa Mariña este sábado

O local social de Santa Mariña do Monte acollerá este sábado a partir das 17.00h. a última sesión desta temporada do programa "Tempos para compartir". Aprenderemos a elaborar cabelo de »

Mercado, sendeirismo e música para petiscar en San Sadurniño

O Concello xa anda a voltas coa organización do mercado local do verán, que se celebrará o domingo 28 de xuño nos xardíns municipais. O prazo de preinscrición xa está aberto. Será nos »

A II Parada familiar de Xogos tradicionais celebrouse o sábado en Naraío

O encontro estivo organizado polo CPI coa colaboración da ANPA, do Concello de San Sadurniño e da A.VV. O Castelo, que aproveitou a ocasión para presentar o programa do XII Festival »

Superado con nota o primeiro “Venres en Sansa!”

O programa de lecer alternativo para a mocidade "Venres en Sansa!" pasou con éxito a súa xornada de estrea. Case medio cento de persoas -a maioría delas entre os 12 e os 35 anos- »

Naraío acolle este sábado a Parada familiar de xogos tradicionais e a presentación do Festival do Río Castro

O CPI de San Sadurniño organiza por segundo ano a Parada familiar de xogos tradicionais. O nome dío todo: un encontro para toda a familia no que maiores, pequenos e pequenas gocen »

Pleno breve e tranquilo para aprobar as obras no campo de fútbol de San Sadurniño

Seis minutos foron máis que suficientes para tratar e aprobar por unanimidade os tres puntos que compoñían a orde do día do penúltimo pleno antes da constitución do novo Concello. O »

San Sadurniño prepárase para unha noite intensa e distinta

45 persoas, a maioría delas entre os 12 e 35 anos, inscribíronse para as actividades do primeiro "Venres en Sansa!" desta noite. Un obradoiro de vídeo, outro de cociña, clases de zumba »

Chanfaina Lab convértese en protagonista cultural da semana na Coruña, Vigo e Santiago

O proxecto colaborativo Fálame de San Sadurniño e o seu derivado cinematográfico, o Chanfaina Lab, están sendo durante esta semana protagonistas de eventos tan importantes como a X »

San Sadurniño convoca un pleno extraordinario no que se aprobará a adxudicación das obras do campo de fútbol

Finalmente foron 13 empresas as que concorreron ao proceso de contratación das obras de implantación de céspede artificial no campo de Currás. Un proceso que excede as competencias da »

Últimas horas para inscribirse en San Sadurniño no primeiro “Venres en Sansa!”

Vídeo, cine, orientación, ciclismo, sendeirismo, zumba, kickboxing, bádminton, educación canina, cociña. Todo pola noite e todo durante os tres primeiros venres do mes de xuño. Estas »

Ábrese o prazo de inscrición na Aldea de Verán de San Sadurniño

A Aldea de verán é un programa municipal que facilita a conciliación da vida persoal, laboral e familiar que, ademais, lles ofrece aos nenos e nenas actividades educativas e de lecer »

San Sadurniño convoca un concurso entre as familias usuarias para poñerlle nome á Escola Infantil Municipal

Ten instalacións, nenos e nenas, mestras, equipamento... pero fáltalle algo: un nome. O Concello convocou un concurso entre as familias usuarias do centro educativo que persegue »

Sergio Piñón e María Luísa López gañan a II Carreira Popular Concello de San Sadurniño

15 minutos e 39 segundos abondáronlle ao Sub 23 Sergio Piñón do Atletismo Narón para completar este domingo os 5 quilómetros de percorrido da II Carreira Popular Concello de San »

Un total de 35 expositores participan na XI Feira de artesanía e da degustación de carrilleiras de Lamas

A explanada do local social de Lamas acolle este sábado a novena edición da feira de artesanía e de degustación de carrilleiras. Un encontro que cada ano atrae a centos de visitantes na »

Pegadas Musicais estrea en San Sadurniño “Excursión á Illa Corazón”

Todo está listo na Casa da Cultura para acoller a estrea da obra musical "Excursión á Illa Corazón", a segunda montaxe da compañía Pegadas Musicais dentro do proxecto educativo LÓVA. »

Un total de 672 persoas participarán na II Carreira Popular de San Sadurniño

A pasada medianoite pechou o prazo de inscrición para a carreira que se desenvolverá no contorno do paseo fluvial de San Sadurniño o próximo domingo. En total apuntáronse 672 persoas, »

As Camiñadas Parroquiais despídense en Ferreira ata o vindeiro ano

Bardaos, Naraío, Santa Mariña, Lamas e, por último, Ferreira. Alí rematou este martes a edición deste ano das Camiñadas parroquiais nas que participaron arredor de 50 persoas. Foron »

O venres finaliza o prazo de preinscrición para as tres prazas dos campamentos deportivos da Deputación

San Sadurniño volve colaborar este ano na convocatoria de campamentos deportivos da Deputación da Coruña. Ao noso concello correspóndenlle tres prazas, que serán ocupadas por rapaces de »

San Sadurniño oferta un total de 35 prazas na Aldea de verán

A Aldea de verán é un programa municipal que facilita a conciliación da vida persoal, laboral e familiar que, ademais, lles ofrece aos nenos e nenas actividades educativas e de lecer »

A II Carreira popular de San Sadurniño xa vai polo medio milleiro de inscricións

O contorno do paseo fluvial acollerá o próximo domingo a II Carreira popular de San Sadurniño, organizada polo Concello, o colexio e maila ANPA do centro. O obxectivo principal da »

San Sadurniño prepara para xuño os “Venres en Sansa!”

Vídeo, cine, orientación, ciclismo, sendeirismo, zumba, kickboxing, bádminton, educación canina, cociña. Todo pola noite e todo durante os tres primeiros venres do mes de xuño. Estas »

La GuaGua trae á Casa da Cultura de San Sadurniño o espectáculo “A Cebra Camila”

Alá onde acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día ao saír da casa, o vento bandido levoulle sete raias do seu vestido. Unha araña, unha serpe, o arco da vella, entre outros »

As Camiñadas parroquiais chegan a Lamas

O Concello volve organizar as Camiñadas parroquiais aproveitando a chegada do bo tempo e que os días son máis longos. Son paseos ao aire libre aptos para todas as idades, relativamente »

A SGHN e o CPI de San Sadurniño ofrecen un obradoiro de iniciación á astronomía

O CPI de San Sadurniño organizou para a noite deste venres un obradoiro de iniciación á astronomía en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural. Arredor dun cento de »

A Deputación autoriza a retirada dos indicadores a unha casa de turismo rural pechada desde hai cinco anos

Castelo, situado en Naraío, abandonado desde hai case cinco anos. Nos últimos tres anos, o Concello solicitoulle á Deputación da Coruña en varias ocasións a eliminación dos indicadores »

Xuntanza de Lamas ten aberto o prazo de admisión de postos para a IX Feira de artesanía e de degustación de carrilleiras

A parroquia de Lamas acollerá o último sábado deste mes a novena edición da súa feira de artesanía e de degustación de carrilleiras. Un encontro que cada ano atrae a centos de »

A festa das Letras prosegue en San Sadurniño cun “Café Poético” na biblioteca

San Sadurniño viviu esta fin de semana os actos centrais de celebración do Día das Letras Galegas. O sábado estreouse na Casa da Cultura a película A Esmorga, que contou coa presenza do »

San Sadurniño abre o prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal

Tras cumprirse o prazo de exposición do listado provisional da adxudicación de prazas para a EIM sen que houbese reclamacións, hoxe mesmo abre un periodo de 15 días naturais para que as »

San Sadurniño programa seis eventos co gallo das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Nado en Pontevedra en 1906, Filgueira foi historiador, político, etnógrafo e figura controvertida »

Un total de 17 empresas solicitan participar no procedemento das obras do campo de fútbol de Currás

Este pasado luns finalizou oficialmente o prazo para presentar a solicitude e a documentación esixida para participar no procedemento aberto de contratación dos traballos de cambio a »

Sansa Enreda achega á actualidade os divertimentos do pasado

Non hai tanto non había tanta fartura e os nenos e nenas buscaban con que entreterse cos obxectos máis sinxelos. E lográbano con imaxinación, habilidade e tamén cunha tradición de »

San Sadurniño acolle unhas charlas con consellos para levar unha vida saudable tendo diabetes

A diabetes é unha afección crónica producida por un mal funcionamento do páncreas, o órgano que xera a insulina necesaria para que o corpo poida absorber a glucosa dos alimentos. O máis »

Apróbanse en San Sadurniño as axudas para as entidades culturais e deportivas

A Xunta de Goberno Local tomou hoxe en consideración a distribución das axudas para entidades culturais e deportivas do concello correspondentes ao 2015, logo de que a proposta técnica »

“Tempos para compartir” mostra o proceso de elaboración conservas caseiras en Igrexafeita

A inmensa maioría da xente de San Sadurniño ten horta na casa. Mesmo hai quen ten maciñeiras, pereiras e outras árbores de froita. Practicamente todo para o autoconsumo e practicamente »

San Sadurniño comeza as obras do POS

As empresas Begasucegsa e José No Mantiñán e Hijos iniciaron esta mesma semana as obras de pavimentación de varias vías municipais con cargo ao finanzamento do plan provincial de obras »

“Tutti frutti al óleo” mostra en San Sadurniño a mirada persoal de 26 artistas da comarca

Mariñas, retratos, bodegóns, paisaxes, impresionismo, pop-art, hiperrealismo... todo condensado en 26 cadros de distinto tamaño pero con dous nexos comúns: estar pintados ao óleo e »

A Aula CeMIT de San Sadurniño inicia unha nova etapa de formación itinerante en Lamas

O local social de Lamas acolleu este luns o inicio da edición 2015 da Aula CeMIT itinerante, que levará cursos de iniciación á informática e a internet a todas as parroquias do »

Teléfonos de interese


Concello:


981 490 027


Garda Civil:


981 490 006


Centro de Saúde:


981 490 463


Farmacia:


981 490 180


www.sansadurnino.es


Máis información [+]