publicidade hoxe

La GuaGua trae á Casa da Cultura de San Sadurniño o espectáculo “A Cebra Camila”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSan Sadurniño
A-
A+

Alá onde acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día ao saír da casa, o vento bandido levoulle sete raias do seu vestido. Unha araña, unha serpe, o arco da vella, entre outros axudaran a Camila a olvidar a súa pena…. Esa é a sinopse do espectáculo “La Cebra Camila” que trae La GuaGua este venres á Casa da Cultura de San Sadurniño. 

O paso da dependencia á autonomía e o descubrimento do mundo, é o que a pequena cebra Camila lles ensinará aos pequenos neste simpático conto de Marisa Nuñez e Oscar Villán.

Haberá dúas sesións, unha en xornada de mañá dirixida ao alumnado de infantil do CPI de San Sadurniño e outra en xornada de tarde aberta ao alumnado da Escola Infantil e ás familias participantes na actividade “Os Espazos das familias”, así como a calquera outra interesada na actividade. 

21 de maio de 2015 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.