publicidade hoxe

San Sadurniño comeza as obras do POS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

As empresas Begasucegsa e José No Mantiñán e Hijos iniciaron esta mesma semana as obras de pavimentación de varias vías municipais con cargo ao finanzamento do plan provincial de obras e servizos. O montante total dos traballos ascende a algo máis de 137.000 euros, que saen de sumar os prezos finais de adxudicación dos tres proxectos sacados a contratación polo Concello.

O primeiro deles ocuparase de amañar as pistas da Leiriña a Santiso e a do Xestal, en Ferreira, así como da estrada do Vilar en Igrexafeita, neste último lugar haberá un tramo aglomerado na zona máis próxima ao viaduto que pasa por riba da AG-64. O proxecto lévao a cabo Mantiñán, que tamén se encarga do paquete que abrangue a pista entre Soutocalvo e A Vila -Ferreira-, a das Paredes no Camiño Arriba, a do Cancelo -Lamas- e o camiño de Currás, San Sadurniño.

O terceiro dos proxectos -neste caso contratado a Begasucegsa en 48.000 euros- recolle as obras na pista desde Castrelo ata A Veiga e o camiño da Escoitadoira, en Santa Mariña do Monte. 

Desta maneira, a través do POS intervirase sobre 6 quilómetros de estradas municipais. Unha distancia á que cómpre sumarlles outros 6,5 quilómetros correspondentes ao Plan Marco de Mellora de Camiños 2014-15, financiado con fondos europeos a través do AGADER e que está a piques de finalizar. 

Trátase da reparación das pistas entre a Seara (Lamas) e Randulfe (Bardaos), a de Castrelo á Pereira (Santa Mariña do Monte), entre a Veiga ao Castro, o camiño de Portolamas (O Camiño Arriba), o dos Pantís (Lamas), entre Raña e A Gándara (San Sadurniño-Ferreira) e de Fontao ao Piñeiro, en Naraío.

7 de maio de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.