publicidade hoxe

San Sadurniño ofrecerá durante o verán cursos de natación e ximnasia na auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

Encaramos o verán con pouco sol e vento desapacible. Porén, as previsións meteorolóxicas anuncian que a cousa empezará a mellorar nos próximos días. Quen poida estreará a praia, o río ou ben a piscina municipal, que xa leva aberta desde o 5 de xuño. Quen elixa esta última opción debe saber que hai bonos para a temporada cos que se poden aforrar cartos e que, ademais, durante xullo e agosto ofrécense varias actividades na auga. Os bonos poden conseguirse na Casa da Cultura en horario de mañá, onde tamén podemos inscribirnos para os distintos cursos. 

A piscina está aberta ata o 13 de setembro pola semana de 14 a 21 h., mentres que os sábados, domingos e festivos o horario é de 12 a 21 h. Ademais, durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse en horario de mañá os cursos de natación cun horario que aínda está por determinar. 

O que si se sabe é que os cursos comezarán o 1 de xullo e que o prazo para apuntarse xa está aberto. Tamén están definidas as quendas: iniciación e perfeccionamento desenvolveranse os luns, mércores e venres e a actividade de ximnasia na auga será os luns e mércores. Para que haxa cursos fará falla un número mínimo de persoas apuntadas.

As inscricións poden facerse na casa da Cultura de luns a venres entre as 8.30 e as 14.00. Tamén alí se poden adquirir os bonos para baños de toda a temporada, mentres que unha entrada solta poderá mercarse en calquera momento no bar da piscina. Os prezos para cursos e baños mantéñense practicamente igual que o ano pasado:

Entrada Individual diaria de adultos: 3,17euros€
Entrada Individual diaria de menores ata 14 anos: 1,59 €euros

Abono temporada de persoas adultas: 25,39 euros €
Abono temporada de menores ata 14 anos: 15,87 €euros
Abono Familiar: 38,05 euros
Cada persoa a partir da quinta (dentro do abono familiar): 3,17 €euros

Curso de natación para menores ata 14 anos: 9,52 euros/mes
Curso de natación de persoas adultas: 19,04€ euros/mes
Curso de ximnasia na auga para persoas adultas: 19,04 euros/mes

17 de xuño de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.