publicidade hoxe

Apróbanse en San Sadurniño as axudas para as entidades culturais e deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A Xunta de Goberno Local tomou hoxe en consideración a distribución das axudas para entidades culturais e deportivas do concello correspondentes ao 2015, logo de que a proposta técnica tivese pasado pola comisión cualificadora formada tanto por membros do equipo de goberno como por representantes dos grupos municipais do PP e do PSOE. As contía total aprobada é de 20.500 euros, 5.500 para clubes deportivos e 15.000 para asociacións veciñais, que deberán xustificar estas achegas antes do 30 de novembro. Faltarían por adxudicar 3.000 euros para as comisións de festas, aínda que neste caso as solicitudes poden ir facéndose ao longo do ano e, como moi tarde, un mes antes da festa de que se trate e cun máximo de 300 euros de axuda.

O apartado de axudas a entidades culturais e deportivas ascende a 23.500 euros destinados a financiar actividades e gastos de mantemento de asociacións e clubes, ademais de reservar unha partida para colaborar coas comisións de festas. Nesta cantidade non se inclúen os convenios co CF San Sadurniño, o Aldebarán de volei, o clube Biela e Chaveta, a AGFA do Eume e a propia ANPA do CPI ás que, en conxunto, lles corresponden outros 39.000 euros do orzamento municipal.

No tocante a deporte houbo catro solicitudes valoradas segundo o número de fichas, as categorías, a titulariedade de instalacións e a implantación de medidas coincidentes co Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. De acordo coas bases -aprobadas en pleno por unanimidade- e co contido das solicitudes presentadas, o departamento de Cultura e Deportes formulou a seguinte proposta:

Entidade

Fichas federativas

Nº categorías

Instalacións en propiedade

Contía (euros)

Sociedade de Cazadores Naraío-Igrexafeita

28

1

non

1.107,00 €

UDC Naraío

21

1

si

3.100,00 €

CFS Santa Mariña do Monte

12

1

non

631,00 €

Club Sansa

13

1

non

662,00 €

No referente a actividade cultural, para a avaliación das solicitudes as bases establecían criterios económicos -ata 3 puntos segundo o orzamento presentado-, o interese e repercusión social, a contribución á normalización e uso do galego, o fomento de valores educativos -solidariedade, ambiente, etc-, o grao de innovación das propostas, aquelas accións de recuperación do patrimonio ou da cultura inmaterial, as actividades que contemplen a promoción da igualdade entre mulleres e homes, a estabilidade e solvencia no desenvolvemento dos programas propostos noutras anualidades e o grao de patrocinio doutras administracións ou entidades privadas. Así, a proposta técnica pasou pola comisión cualificadora co seguinte reparto, que inclúe as axudas para as entidades con local en propiedade:

Entidade

Actividade cultural

Local en propiedade

Contía (euros)

AVV. Xuntanza de Lamas

1.960 €

non

1.960€

AVV. O Pico de Ferreira

1.346 €

non

1.346 €

ADC. Confraría de San Pipote

1.526 €

non

1.526 €

AVV. O Castelo de Narahío

3.351 €

1.000 €

4.351 €

A.VV. Adiante de Igrexafeita

1.361 €

1.000 €

2.361 €

ACD Santa Mariña do Monte

1.272 €

non

1.272 €

A. de Cabaleiros Sta. Mariña do Monte

299 €

non

299 €

Asociación Brío

957 €

non

957 €

Asociación agroecolóxica A Cortiña

927 €

non

927 €

A data límite para xustificar as axudas é o 30 de novembro, aínda que se as entidades teñen programados eventos para despois dese día sempre poden solicitar unha prórroga xustificando debidamente esta circunstancia. Este ano, como novidade, as asociacións poderán xustificar ata un 25% do total concedido como gastos en equipamentos.

11 de maio de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.