publicidade hoxe

Os novos alcaldes do norte reúnense en San Sadurniño para coñecer o proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSan Sadurniño
A-
A+
Reunión en San Sadurniño

Reunión en San Sadurniño

Os alcaldes de San Sadurniño, Cerdido, Valdoviño, Ortigueira, Cariño e Cedeira e a alcaldesa de Moeche déronse cita esta tarde no antigo Pazo da Marquesa para coñecer polo miúdo o proxecto de creación do Xeoparque do Cabo Ortegal, que abranguería o territorio destes concellos e tamén o das Somozas. O xeólogo Francisco Canosa puxo en antecedentes aos rexedores saídos das eleccións do 24 de maio que, agás Secundino García, son todos novos e en moitos casos, malia saber da iniciativa, descoñecían o grao de implicación no proxecto dos anteriores gobernos municipais. A xuntanza serviu para repasar en que consiste a proposta e en comezar a falar en serio sobre o compromiso real dos concellos, sobre a viabilidade da idea e sobre un posible modelo de xestión. Alén disto a reunión tamén foi un encontro no que se coñecer e tantear de xeito informal posibles vías de cooperación municipal na comarca.

29 de xuño de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.