publicidade hoxe
Coral Orfeón Herculino (A Coruña) - Cabecera

Coral Orfeón Herculino (A Coruña)

Orfeon Herculino

Na cidade da Coruña xurde, en 1988, o Orfeón Herculino. Dende os seus inicios contou coa grande implicación de Manuel Deus Lareo, membro fundador e director da agrupación. A súa vontade sempre foi a de inculcar interese na agrupación, ademais de ir acadando cada vez unha maior calidade vocal.

Foi precisamente iso, o seu esforzo e dedicación, o que permitiu que, dende a primeira actuación, o orfeón acadase un gran recoñecemento público. Un recoñecemento á súa labor que foi medrando paulatinamente e que os levou a participar en numerosos encontros de habaneiras, de Nadal e de música sacra.

Repertorio

Foi a partires de 1990 cando comezaron a organizar unha cita musical propia, os Encontros de Música Relixiosa Cidade da Coruña.

O dominio de moi diferentes estilos maniféstase nun amplo repertorio que inclúe música relixiosa, renacentista, obras españolas e europeas, polifonía rexional española e galega, así como diversas pezas folclóricas de países latinos.

Misa na Honra do Apóstolo Santiago

Non obstante, se algún elemento destaca dentro da obra deste Orfeón Herculino, é a misa na “Honra do Apóstolo Santiago” do músico galego Juan Montes Capón, que foi estreada pola formación no VIII Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña.

Durante os anos 2001 e 2002 o Orfeón Herculino participou na zarzuela “La Verbena de la Paloma” coa que acadou un gran éxito tanto de público como de crítica.

Actualmente está composto por 33 voces e a súa dirección recae, dende 2010, nas mans de Daniel García Artés, persoeiro do mundo coral que tamén se encarga da batuta do Coro Xoven da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Rondalla

Cabe destacar que, ao abeiro desta agrupación xorde no ano 2003, con motivo do seu XV aniversario, a Rondalla do Orfeón Herculino. Esta foi presentada durante o Concerto Extraordinario e na actualidade, componse dun total de 17 instrumentos baixo a batuta de Antón Luaces Izquierdo.

Orfeon Herculino

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 31 de Marzo do 2014 | 11:39 a.m.

Outros temas de Galicia Canta