
Federación Coral Galega (FECOGA)
Ferederación Coral Galega
Ao longo da súa historia, Fecoga contou con grandes profesionais presidindo a federación, dende o seu primeiro presidente, Vicente Rodríguez Abeijón, pasando por Carlos Orcajo Aguilar, Joaquín Carvajal Baños, Enrique Rey Lorenzo, Juan Brage Rabina, Evaristo Sanjurjo Lago, ata chegar ao seu actual representante, Antonio Rey Cornide, quen ocupa o cargo dende xaneiro de 2006, e que ten entre os seus cometidos velar polo correcto funcionamento do organismo dirixindo deliberacións e expedir os libramentos dos fondos e velar pola unidade. A estruturación da propia federación divídese en seis zonas, Lugo con 28 formacións integrantes, Ourense con 28, A Coruña-Ferrol conta con 58, Santiago-Barbanza compóñena 32, Pontevedra Norte con 56 e Pontevedra Sur conta con 39 agrupacións corais, contando cada unha delas cun vocal que facilita a tarefa de intermediar a información. |
Asemblea de FECOGA celebrada en Silleda
Cada ano, os representantes das corais participan na Asemblea Anual de Fecoga na que ademais de debater os distintos aspectos económicos, presentar a memoria de actividades realizadas e coñecer o presuposto dispoñible; trata de fomentarse a interacción dos integrantes, incluso cun xantar de confraternidade, xestando encontros e intercambios entre as distintas corais. Recentemente, tivo lugar no Concello de Silleda a última das súas asembleas, que durante a xornada dominical do 7 de abril reuniu a 77 representantes corais aos que se lles presentou o presuposto para este 2013, que supón un total de 27.200 euros, correspondendo a partida máis destacada a concertos e cursos de técnica.
Así mesmo, déronse a coñecer as actividades máis representativas que terán lugar durante este ano, como será o II Encuentro Estatal de Federaciones de Coros integrados en COACE (Confederación de Asociaciones de Coros de España), o VI Certame de Coros Infantís e Xuvenís en Vigo e a X Romaría Coral que terá lugar en Lalín durante o mes de setembro. Unha serie de iniciativas que teñen que convivir coa actual crise económica que repercute directamente sobre as subvencións e convenios cos que habitualmente se contaba dende as administracións, chegando incluso a mermar as colaboracións de distintas firmas publicitarias que contribuían a financiar certames e concertos. O número de corais integrantes mantívose en aumento nos últimos anos, aínda que nestes primeiros meses do ano comezáronse a contabilizar varias baixas.
Antonio Rey Cornide, presidente de Fecoga
No ano 2009 foi elixido Vicepresidente da Confederación de Asociacións Corais de España (Coace). Ademais recibiu recentemente a insignia de prata “Marcial do Adaíl” á constancia musical imposta pola Real Academia Galega de Belas Artes “A Nosa Señora do Rosario”. Como representante das corais galegas, cal sería o elemento diferenciador destas con respecto ás do resto de España? Cales serían as características comúns das corais galegas? Cal das corais integrantes destaca por ser a máis lonxeva e cal é a máis nova? Considera que as corais exercen unha labor social? Cal é o perfil habitual dos integrantes das corais? Como é o público que asiste ás actuacións das corais? Como os animaría a participar nunha coral? Como afianzan o relevo xeracional? Se tivese que definir a identidade dunha coral en 3 palabras, cales serían? Que se procura dunha coral para converterse en gañadora dun certame? Cal é a imaxe que a sociedade percibe dunha coral? Cales son as maiores vicisitudes ás que se enfrontan as corais na actualidade? Cal é o futuro das corais galegas? Que consellos lles daría aos coros para manter a súa supervivencia? |