publicidade hoxe
Coral Ansuíña de Baños de Molgas - Cabecera

Coral Ansuíña de Baños de Molgas

Coral Ansuiña

As inquedanzas musicais e de canto coral existentes entre as xentes de Baños de Molgas foron o xerme que deu orixe, en 1990, á creación da Coral Ansuiña. Un nacemento que estivo marcado pola implicación de Crisanto Fernández Seoane, personaxe querido pola agrupación debido ao empeño mostrado cara á formación da coral. Mantívose ao cargo da mesma durante varios anos ata que toma o relevo ao fronte da mesma Juan Manuel Iglesias. Este xoven director mantense ao mando da batuta ata 1998, ano no que chega á coral Carlos Troitiña Mota, adaptando a agrupación cara unha nova liña.

Coral Ansuiña

Ofreceu un concerto no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo

Mixtura de xentes e repertorio

A Coral Ansuiña de Baños de Molgas caracterízase pola mixtura de xentes de todas as idades, o que se traduce nun repertorio de gran variedade para atender ás preferencias de todos os integrantes. Deste xeito, as 30 voces que conforman a formación séntense máis cómodas e identifícanse máis cos temas durante as actuacións. Entre as prioridades da coral atópase a anual participación nas ofrendas relixiosas correspondentes á novena dos Milagres, no Santuario Monte Medo da propia localidade de Baños de Molgas.

Colaboración con María do Ceo

As actuacións da Coral Ansuiña esténdense pola xeografía galega participando en encontros e festivais na Guarda, A Mezquita, Celanova, Maside, Baión, Campolameiro, Porriño, Chantada… e mesmo conta con aparicións na TVG. Non obstante, unha das intervencións musicais que a formación recorda de xeito significativo foi o concerto no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo e na Catedral de Oviedo con motivo do Día de Galicia na comunidade asturiana. Cabe sinalar tamén que a Coral Ansuiña de Baños de Molgas actuou no Día das Letras Galegas interpretando un tema xunto á coñecida cantante María do Ceo.

Por: Sehila Rodríguez
Publicado o 27 de Decembro do 2013 | 12:42 p.m.

Outros temas de Galicia Canta